lunes, 27 de octubre de 2014

CRÓNICA SENIOR

TREBOADA F.S. 0 - UNION F.S. 5




Esta fin de semana tocaba desplazarnos a Teis para enfrontarnos ao Treboada F.S., un dos equipos máis fortes da liga, o máis veterano e un dos favoritos para alzarse co campionato.

O partido foi espectacular por parte dos dous equipos, sobre todo nunha segunda metade que se xogou a un ritmo altísimo, cuns últimos 5 minutos de tolemia e un resultado final que, ainda que fomos superiores, resulta demasiado abultado para os méritos dos locais.

O partido comezaba con lixeiro dominio posa nosa parte, circulando ben o balón e buscando as costas da defensa rival. Desta maneira chegou o primeiro gol do encontro obra de Dani a porta baleira tras unha boa xogada colectiva que detén o porteiro en primeira instancia pero no rexeite acababa no fondo das mallas. Coma de costume plantamos unha forte presión en pista contraria que o Treboada non era capaz de superar cómodamente pero cando o lograba chegaba moi rápido e con moito perigo á nosa área. Por fortuna esas chegadas locais eran ben acompañadas polo repliegue dos nosos, e ou ben remataban con disparos lonxanos ou con pérdidas de balón que aproveitábamos para sair á contra en claras superioridades.
Fruto deste panorama viuse un partido moi aberto, con ocasións para os dous conxuntos e que ben puido chegar ao intermedio con algún gol máis no marcador.

Na segunda parte, o guión non cambiou moito, aínda que o Treboada apretou máis na busca do empate. Sen embargo, os locais precipitábanse á hora de definir e sempre optaban por disparos lonxanos ou perdían os balóns no último pase. A súa mellor ocasión foi un lazamento ao pao nunha xogada na que Víctor estaba prácticamenete batido.

Mención especial merecen ámbolos dous porteiros nesta segunda metade. Victor, pese a non ter que realizar paradas de excesivo mérito, si que nos aportou moitísima seguridade tanto baixo paos como nas saídas e mandando no equipo dende atrás. E pola banda do Treboada, partidazo tremendo do seu porteiro que si na primeira metade xa fixera un par de intervencións de moito mérito, nesta segunda parte realizou un auténtico partidazo con tres paradóns de escándalo canto todo o pavillón xa cantaba gol nas tres ocasións.

E se o arbitraxe xa fora penoso durante todo o encontro, a partir do minuto 15 comezou un espectáculo bochornoso. Primeiro sinalando 4 segundos nun saque de meta de Victor cando non pasaran nin 2. Por fortuna defendémolo ben e a barreira despexouno a corner. Despois, cada vez que os xogadores do Treboada caían ao chan e berraban pedindo falta, o árbitro cunha falta total de personalidade asubiaba sin pensalo. Así acumulamos as 5 faltas a 8 minutos para o final do encontro. E no minuto 20 asubíaba outra falta totalmente inexistente que nos custaba un lanzamento de 10 metros en contra. Sen embargo os locais non aproveitaron a ocasión e o encargado do lanzamento mandou o balón por enriba do longueiro. Quizais xustiza, xa se sabe: "penalti que non é..." O peor e que despois o señor colexiado quiso compensar o mal feito inventándose algunha falta tamén ao noso favor...lamentable

Nese momento o Treboada decidía sair con porteiro xogador e ahí resolvémos o partido. Non sen antes contar novamente coa axuda do "árbitro" ao non aplicar a vantaxe nuha xogaba na que Migui quedaba totalmente solo coa portería rival baleira.
Pero voltando ao partido en sí, fixemos unha defensa de 5 contra 4 perfecta, non concedimos nin unha sola ocasión de gol ao rival e conseguimos recuperar o balón rápidamente. Nunha desas recuperacións, Migui facía unha boa xogada que rematou Xaime para facer o 0-2.
Nada máis sacar de centro conseguimos roubar o balón e Miguel dende o centro da pista e a porta baleira facía o 0-3.
O partido xa non tiña nada que rascar e cos locais totalmente rendidos e fóra do partido conseguimos o 0-4 cun lanzamento dende os 10 metros, e Migui facía o 0-5 tras unha boa xogada de equipo batendo o porteiro por abaixo.

En resumen bo partido de dous equipos que o deron todo, xogado a un ritmo altísimo e cun resultado demasiado abultado para os locais, aínda que a nosa victoria foi xusta e merecida.

P.D.: Para rematar a súa esperpéntica actuación ,o colexiado na acta do partido reflexou mal o resultado e en lugar de poñer o 0-5 que debía, anotou un 1-3 que sólo él sabe de onde o sacou... sen comentarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario