viernes, 31 de octubre de 2014

PREVIAS FIN DE SEMANA

SENIOR

Unión FS- Ureca

Outro partido complicado o que lle agarda ao primeiro equipo esta fin de semana. Recibimos o Domingo ás 11:00 en Valladares ao Ureca, outro equipo moi veterano que sabe ao que xoga e ademáis é o actual subcampión de Copa. Partido clave para refrendar a boa racha que levamos e para definir ás nosas aspiracións nesta tempada.
Pola nosa banda acudimos algo mermados de efectivos xa que á baixa segura de Julián por sanción, súmanse as dúbidas de Dani e Xaime por molestias. Agardemos que se recuperen e poidan estar co equipo.
Dende aquí queremos mandar unha forte aperta ao noso porteiro Sergio que sufriou unha importante lesión no partido da fin de semana pasada ante o Treboada. Ánimo e a recuperarse!!!

Porteiros de Senior e Xuvenil


XUVENIL

Os nosos Xuvenís visitan este Sábado as 13:00 ao Valladares, e se a semana pasada contamos con moitas baixas, semella que a situación esta semana non vai cambiar moito. Contamos coas baixas seguras de Manel, Oscar e Jaco e as dúbidas de Alberto e Miguel. Seguramente entrará algún cadete para completar a convocatoria.
Agardamos que este partido sirva de punto de inflexión para este equipo que non merece estar onde está e de seguro que non tarda en ir para arriba.

Xuvenil


CADETE

Os cadetes visitan ao Agarimo o Domingo ás 10:00 no Pavillón do Calvario. Despois da contundente victoria acadada na primeira xornada toca seguir desfrutando con este equipo que, máis alá de gañar ou perder forman un grupo fantástico e con moitas gañas de aprender.
Para este encontro contamos coas importantes baixas de Samu e Michi.


INFANTIL E CADETE FEMININO

Os novos equipos femininos do clube tamén veñen de facer un bo comezo de campionato e agardamos que sigan nesa liña.
O partido das infantís aprazouse por falta de efectivos para disputar o encontro debido á ponte desta fin de semana e as Cadetes visitan ao Montiño Mos o Sábado ás 11:30 no Oscar Pereiro. Partido a priori moi duro e no que haberá que competir ao máximo se queremos sacar algo positivo.

Cadete Feminino











Infantil Feminino

1 comentario: