jueves, 6 de noviembre de 2014

CRÓNICA JUVENIL

VALLADARES 3- UNION F.S. 6

Por fin chegou a primeira victoria para os nosos Xuvenís. Xa viñamos merecendoa nas últimas xornadas e a pesar do resultado non foi un partido nada doado.

Por primeira vez nestas 5 xornadas eramos quen de adiantarnos no marcador. Foi nos primeiros minutos. Ignacio recollía un balón na frontal á saída dun córner e mandaba un forte disparo que se colou pola escuadra dereita da meta local.
Pero como ben sendo habitual nos seguintes minutos demos un baixón considerable e o Valladares remontou aproveitando dúas contras.
Vernos por debaixo no marcador serviu para que o equipo dera o mellor de si. Tras varias ocasións claras, o cadete Pablo conseguía o empate nunha xogada de estratexia. Con este resultado chegábamos ao descanso.

A segunda metade non puido comezar mellor. Aos cinco minutos Miki conseguía volver a pornos por diante no marcador e un par de minutos despois, de novo Pablo facía un golazo rematando de costas á portería para poñernos 4-2.

Semellaba que o partido tiñámolo na nosa man pero un despiste defensivo custounos que o Valladares acurtase distancias mediada esta segunda parte.
Esta vez o equipo non acusou o golpe e continuou co mesmo guión conseguindo o 5-3 case inmediatamente por medio de David.

Inda tivemos tempo para outro susto xa que  a cinco minutos para o final cometemos a sexta falta e o Valladares dispuña de un lanzamento de 10 metros que podía metelos de novo no partido. Sen embargo Adri estivo segurísimo e conseguiu sacar un magnífico pé para desviar o potente disparo do xogador local.
Nos últimos instantes Javi facía o 3-6 definitivo nunha xogada de pillería na que conseguiu marcar de córner directo aproveitando un desaxuste monumental da defensa rival.

Unha victoria merecida e que este equipo necesitaba a toda costa para non caer nun bache do que sería moi complicado sair. Moitas cousas por mellorar pero isto só acaba de empezar.
A vindeira semana agárdanos Os Sauces, un rival forte que está na parte alta da clasificación. Bo momento pra demostrar o que de verdade valemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario