jueves, 18 de diciembre de 2014

CRÓNICAS CONXUNTAS 13 E 14 DE DECEMBRO

INFANTIL FEMENINO

*Descansa


CADETE FEMENINO

*Descansa


CADETE MASCULINO

UNIÓN F.S. 5 - MARISTAS "B" 2

Gran partido de todo o equipo. Non se pode definir doutro xeito. Foi unha victoria de grupo, das que se consiguen sendo un equipo unido e dando cada un dos xogadores o 110%.

O partido comezou igualado pero froito da nosa presión consguimos adiantarnos mediado o primeiro tempo, máis pouco despois os visitantes conseguiron empatar nunha xogada embarullada na nosa área. Sen embargo pouco antes do descanso volvemos poñernos por diante ao transformar un lanzamento de falta.
No segundo tempo saímos coa intención de finiquitar o partido canto antes e nos primeiros minutos conseguimos o 3-1. O Maristas conseguiu acurtar distancias ao aproveitar un dos poucos erros defensivos que cometemos, pero acto seguido volvemos ampliar a distancia no marcador.
Faltando dous minutos logramos o 5-2 definitivo que facía xustiza ao visto sobre a pista.

GOLES: Pablo (2), Nico, Iago, Xose.




XUVENIL MASCULINO

UNIÓN F.S. 5 - BEADE "B" 0

Partido cómodo para os nosos xuvenís ante un rival moi frouxo. Sen embargo non por iso debemos quitar méritos a este grupo que semella empezar a entonarse e xa acumula dúas victorias seguidas.

Quizáis o mellor do partido foi a forma na que saíu o equipo á pista. Ao contrario do que soe suceder, saímos a por todas e aos cinco minutos xa vencíamos por 2-0.
O resto da primeira metade foi un monólogo pola nosa banda chegando ao descanso gañando por 4-0.
Ao contrario do que poida parecer (ao consguir só un gol) na segunda metade non nos relaxamos en absoluto pero fallamos innumerables ocasións de gol, algunhas clarísimas, cousa que debemos mellorar de cara aos seguintes compromisos. Case ao final o balón si quixo entrar e fixemos o defintivo 5-0.

GOLES: Manel (2), Oscar, David e Javi.


SENIOR

UNIÓN F.S. 5 - ABETOS "B" 1

Victoria importante, sobre todo para a moral do grupo que foi quen de gañar con autoridade a un rival que na primeira volta deunos a sensación de deixalo "escapar vivo", nun partido no que nos penalizaron as baixas e, sobre todo, a mala sorte.

Non puidemos empezar mellor o encontro xa que aos dez minutos gañábamos por 2-0. O segundo obra do noso porteiro Joni cun lanzamento dende a súa área no que Xaime molestou o xusto ao porteiro visitante para que non vese o balón.


En defensa estivemos moi serios e os visitantes apenas inquedaron a porta de Joni nun par de ocasións sen demasiado perigo.
Na reanudación demos un pequeno paso atrás e cedésmolle o balón ao Abetos que conseguíu recurtar distancias por medio de un libre directo fatal defendido pola nosa banda.
O gol pareceu espertarnos de novo e volvemos a recuperar o xogo que mantivemos na primeira metade e gozamos de varias ocasiónas bastante claras, conseguindo dous goles máis que nos facían afrontar os derradeiros minutos con relativa tranquilidade.
Os visitantes tentárono con porteiro xogador máis, como ven sendo habitual, estivemos impecables en defensa e non lles demos ningunha opción. Incluso dispuxemos de varias ocasións para anotar froito das súas perdidas na nosa pista, cousa que aproveitamos no último minuto para facer o quinto e definitivo gol do partido.
Victoria xusta e que ben puido ser máis abultada xa que dispuxemos de moitas e moi claras ocasións.

GOLES: Xaime (3), Joni, Miguel.


No hay comentarios:

Publicar un comentario