martes, 30 de diciembre de 2014

CRÓNICAS XORNADA 20 - 21 DE DECEMBRO

INFANTIL FEMININO

UNIÓN F.S. 1 - CIOS VIGO CAMPITO 3

Derrota xusta das nosas infantís. O equipo sigue en fase de construcción e hai que ter en conta que a metade da plantilla son xogadoras alevíns de primer de ano.
Pese á derrota o equipo competiu e iso é o máis importante, que sigan aprendendo de cara ao futuro.


CADETE FEMININO

UNIÓN F.S. 4 - E.D.M. SALCEDA 0


CADETE MASCULINO

RANDUFE 1 - UNIÓN F.S. 14

Victoria comoda dos nosos cadetes en Tui ante un rival moi frouxo.
Aínda que o marcador final é moi escandaloso, a primeira metade estivo relativamente "igualada" e no descanso gañábamos por 0-4 pero na segunda metade o cansancio do rival unido á nosa boa puntería levounos ata o 1-14 final.



O millor deste encontro non é o marcador (sabedes de sobra que non gustamos de estas goleadas na base) senón que o equipo seguiu demostrando un nivel de xogo altísimo a pesar de contar coas importantes baixas de Michi e Samu e de acudir sen porteiro (Isi estaba de viaxe).


Agora toca prepararse para competir na liga provincial que arranca tralas vacacións de Nadal.

GOLES: Pablo (4), Ríos (3), Nico (2), Xose (2), Iago (2) e Dani.


XUVENIL

MIRALBA B 2 - UNIÓN F.S. 4

Bo partido para pechar o ano ante un Miralba moi combativo que non perdeu a cara ao encontro en ningún momento.

Na primeira metade o partido estivo igualado pero os locais tiveron moitos máis achegamentos a porta e chegamos ao descanso perdendo 1-0.

Sen embargo, na segunda metade conseguimos remontar e poñernos 1-3. As chegadas do Miralba cada vez eran menos habituais pero con máis perigo que no primeiro tempo e a falta de 8 minutos conseguiron recurtar distancias. Máis aos dous minutos finiquitamos o partido conseguindo o 2-4 final.

Terceira victoria consecutiva que nos enche de moral para voltar das vacacións coas pilas ben cargadas.



GOLES: Oscar, Pablo, Miki e Manel.


SENIOR

UNIÓN F.S. 4 - SOL INVICTUS 2

Partido tonto do primeiro equipo solventado nos minutos finais ante un equipo que parece que se nos atraganta xa que na primeira volta tamén nos custou unha barbaridade derrotalo.

O encontro comezou igualado cos dous equipo presionando moi arriba. Isto levou a que se mirasen moitos balóns longos en busca dos pivots e nesta fase do partido tivemos varias ocasións nas botas de Dani que gañaba todos eses balóns ao peche visitante.
Sen embargo sería o Sol Invictus quen se adiantaría nunha contra aproveitando unha perdida nosa en media pista.
A partir do gol visitante comezamos a manexar cun pouco máis de calma o balón e seguimos tendo ocasións, algunhas delas bastante claras como dous balóns que mandamos ao pau. O Sol Invictus seguía tentando sair á contra e tamén tivo un par de boas ocasións para ampliar a súa vantaxe.
A piques de chegar ao descanso logramos o empate nunha xogada con polémica, na que é certo que no seu inicio o balón sae pola liña de banda como reclamaron os visitantes.



Na segunda metade foi cando apareceu o partido tonto. Fomos moi superiores dende o principio, tivemos máis dominio e ocasións que no primeiro tempo e, pese a iso, na primeira chegada dos visitantes recibimos o segundo gol. Foi un duro golpe pero o equipo seguiu tentándoo de todalas maneiras posibles. Máis dominio e máis ocasións pero sen sorte de cara a porta ata o minuto 18 donde conseguimos o empate por medio dun lanzamento dende os 10 metros.

Restaban sete minutos para a conclusión e dispoñiamonos a sair con porteiro xogador para ir a polo partido, pero na seguinte xogada o noso bo facer tivo premio e conseguimos o 3-2. O que non quixo entrar en todo o partido acabou entrando nun só minuto.



Faltando tres minutos redondeamos o marcador ante un rival tocado pola rápida remontada sufrida.

GOLES: Xaime (3) e Juli.

No hay comentarios:

Publicar un comentario