jueves, 19 de febrero de 2015

CRÓNICAS 14 - 15 DE FEBREIRO

INFANTIL FEMININO

Descansou


CADETE FEMININO

Descansou


CADETE MASCULINO

Descansou


XUVENIL

I.E.S. CORUXO 5 - UNIÓN F.S. 1


Partido que nos enfrontaba ao lider da categoría e no que, pese ao que poida parecer polo resultado, competimos ata o final e ben puidemos sacar algo de proveito se non fose polos erros defensivos da primeira metade.

O encontro comezábamolo fieis ao noso estilo, presionando moi arriba e tentando que o rival non chegara cómodo á zona de perigo. Por momentos conseguímolo, máis a calidade dos locais pouco a pouco fixo que se sentiran máis cómodos e non tardasen en superar esa presión inicial.
As ocasións non tardaron en chegar en ambas metas pero, pese á igualdade, marcahamos ao descanso con un 4-0 en contra que definia ben a un e outro equipo: os locais finalizando en gol case todas as súas ocasións e nós malogrando claras oportunidades, moitas delas solos ante o porteiro.

A segunda metade foi incluso máis igualada ainda que nela o desacerto de cara a gol foi para ambos equipos. Nos seguíamos combinando ben e facendo bo xogo pero non topábamos o gol, e os coruxenses quixeron sumarse tamén á festa fallando ocasión mois claras. Un gol para cada equipo que facía xustiza ao visto nesa segunda metade pero non no partido en xeral.

Como se adoita dicir, este partido non era da nosa liga. Esta semana volvemos a nosa realidade enfrontándonos ao Baíña F.S. un rival nada doado que xa na primeira volta púxonos as cousas moi difíciles derrotándonos polo mínima en Baiona.



SENIOR

UNIÓN F.S. 4 - BAÍÑA F.S. 2


Derradeiro partido de liga para o equipo Senior que nos enfrontaba aos nosos amigos de Baiona.
Acudíamos plagados de baixas: Xaime, Diego, Migui e Xandre, polo que entraron na convocatoria os Xuvenís Manel e Oscar e a verdade é que rendiron a gran nivel.


Pese a ser un partido de trámite, xa que ningún dos dous equipos se xogaba nada, dende o principio quedou claro que todos querían competir. Xogouse con moita intensidade e non tardamos en pornos por diante con dous tantos de Miguel. 
E para rematar unha boa primeira metade dos nosos, o debutante Manel facía o terceiro ao transformar un penalti moi riguroso.


A segunda metade comezaba igual, con dominio pola nosa banda e, de novo Miguel, facía o cuarto ao noso favor e terceiro na súa conta. Corría o minuto 5 e o Baíña decidía sacar porteiro xogador ata o final do partido. Os nosos tiveron que facer o esforzo de defender ata durante 20 minutos pese ao bo facer dos visitantes xogando de 5. En  5 minutos encaixamos un gol de rebote e outro nunha xogada rápida moi ben levada polos baioneses, pero tras un tempo morto que serviu para organizar a nosa defensa aguantamos ben ata o final e incluso dispuxemos de varias ocasión claras para ampliar a nosa vantaxe.
Bó partido para rematar a liga nunha moi meritoria terceira praza. Agora toca descansar unha semana e agardar que comece a Copa onde seguro que seguiremos sendo igual de competitivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario