miércoles, 25 de marzo de 2015

CRÓNICAS 21-22 DE MARZO

Queremos comezar as crónicas desta pasada fin de semana pedíndovos desculpas pola ausencia das da semana pasada por motivos laborais (nós non vivimos disto e ás veces resúltanos imposible).
Deixámosvos os resultados a modo de resumo.

INFANTIL FEMININO

UNIÓN F.S. 1 - VALLADARES "A" 0

CADETE FEMININO

UNIÓN F.S. 3 - ESCOLA FUTSAL MORRAZO 0

CADETE MASCULINO

UNIÓN F.S. 4 - ANCORADOURO 9

XUVENIL

LOS SAUCES 6 - UNIÓN F.S. 3

SENIOR

DOBLE F 3 - UNIÓN F.S. 2


En canto a esta fin de semana, a continuación deixámosvos as crónicas e os resultados de tódalas categorías.

INFANTIL FEMININO

DESCANSOU


CADETE FEMININO

DESCANSOU


CADETE MASCULINO

UNIÓN F.S. 5 - MARTÍN CÓDAX 7


XUVENIL

UNIÓN F.S 3 - LEIS PONTEVEDRA 4

Segunda derrota consecutiva dos nosos Xuvenís. Se cadra esta máis inesperada xa que se produce ante o derradeiro clasificado, aínda que na nosa defensa hai que dicir que acudíamos plagados de baixas sobre todo na líña defensiva. Miguel, Manel, Miki e David perdíanse o encontro polo que subiron convocados os Cadetes Nico e Xose que rendiron a gran nivel.



Na primeira metade non fomos un equipo. O Leis adiantouse aos poucos minutos e, ainda que non tardamos en igualar o encontro, cometemos bastantes erros no repliegue que nos fixeron marchar ao descanso perdendo por 1-3 tras dúas contras dos visitantes.





A segunda parte non puido comezar peor xa que aos dous minutos encaixábamos o 1-4. Parecía que o partido estaba perdido pero os rapaces tiraron de garra e comezaron a meter aos pontevedreses na súa pista. As ocasións das que dispúñamos eran cada vez máis claras e logramos acurtar as distancias ata chegar ao 3-4 cando restaban 3 minutos para a conclusión. Nese momento decidimos sacar porteiro xogador e casi logramos, incluso, gañar o partido. Dispuxemos de 5 ou 6 ocasións moi claras que, coma ven sendo costume, non soupemos aproveitar.

Conclusións: mal partido en liñas xerais que sen embargo, tampouco merecemos perder por xogo e oportunidades creadas. O equipo competiu mailas importantes baixas e o máis destacable foi o gran partido que fixeron os dou cadetes Nico e Xose, que en ningún momento se arrugaron estiveron á altura da categoría.


GOLES: Ignacio, Oscar e Javi.


SENIOR

UNIÓN F.S. 7 - SOL INVICTUS 0

Enfrontabámonos de novo cos nosos amigos do Sol Invictus, un equipo que xa nolo puxera moi complicado nos dous enfrontamentos en liga. Sen embargo, desta volta estivemos a gran nivel e logramos unha goleada que viña sendo necesaria despois do mal arranque copeiro. Contabamos coa baixa xa coñecida de Xaime e maila de Xandre, lesionado na xornada pasada ante o Doble F.


Comezamos o partido un pouco durmidos e concedendo algunha ocasión aos visitantes máis co paso dos minutos fomos collendo a manixa do xogo e a monopolizar o balón. Aos quince minutos Dani lograba adiantarnos no marcador tras unha boa xogada de pivot e pouco despois Migui ampliaba distancias nunha boa xogada de equipo.


O 2-0 ao descanso sabíamos que non nos aseguraba nada e saímos a por todas na reanudación. Así, aos poucos minutos Juli facía o 3-0 que case deixaba sen opcións aos vistantes que, todo hai que dicilo, dispuxeron de algunha ocasión á contra. O cansancio do rival comezou a notarse e tivemos fases de moi bo xogo. Pouco a pouco foron caendo os goles ata chegar ao 7-0 definitivo.

Agora afrontamos un largo parón de 3 semanas sen competición no que aproveitaremos pra recuperar aos lesionados e xogar algún amistoso para non perder ritmo de competición.


GOLES: Dani (2), Migui(2), Juli, Xián e Miguel.



No hay comentarios:

Publicar un comentario