miércoles, 15 de abril de 2015

SEMANA 11-12 DE ABRIL

Como xa comentaramos na derradeira entrada esta fin de semana pararon todalas copetición e o único equipo que disputou partido oficial foi o Senior, por mor de non xuntramos con máis partidos aprazados nas poucas datas que restan de campionato.

UNIÓN F.S. 1 - CAMPITO "C" 2

Partido atípico polo horario nocturno con dous tempos ben diferenciados.

Tras facer unha boa primeira metade con moitas ocasións, chegamos ao descanso gañanado por 1-0.

Sen embargo na segunda metade fixemos un dos peores partidos da liga e en cinco minutos o Campito déulle a volta ao marcador. É xusto dicir que nesa segunda parte non fomos nós mesmos. Case non creamos ocasións e metémenos moi atrás o que facilitou ao rival dominar o balón e o xogo.
Case ao final tentámolo con porteiro xogador pero soio logramos crear unha ocasión de gol que non materializamos.
 
Derrota xusta nunha das peores segundas metades que se lle lembran a este equipo. Perdemos nós mesmos un partido que tiñamos bastante controlado.
O bó é que a pesar do mal xogo chegamos ao final con opcións, e tamén que é moi dificil repetir un partido tan malo. Estando ao noso nivel partidos coma este de seguro que non se nos escapan.
.


No hay comentarios:

Publicar un comentario