jueves, 10 de marzo de 2016

NOVAS CRÓNICAS 5 - 6 DE MARZO

PREBENXAMÍN

VIGO 2015 0 - UNIÓN CARRASQUEIRA 3
(Sen crónica disponible)

CADETE

UNIÓN F.S. 5 - CAMPITO 6

Auténtico "correcalles" o vivido na mañá do Domingo no municipal de Redondela. A mágoa foi que ao final a victoria caeu do lado chapeleiro.

Comezaba o partido co Campito querendo mandar e non tardou e adiantarse no marcador. Sen embargo un par de minutos despois lográbamos o empate.
O gol deunos ansias de ir a polo partido e estirámonos un pouco máis o que, por contra, fixonos encaixar dou goles en sendas xogadas tontas cun par de rebotes polo medio. Aínda que o partido parecía decantarse do lado dos visitantes (locais na práctica), o equipo tirou de garra e conseguiu igualar de novo o partido xusto antes do descanso.

Trala reanudación decidimos sair a tumba aberta a gañar o partido pero o equipo non estivo fino na presión a toda pista e o rival aproveitou para gañarnos as espaldas de seguido logrando unha vantaxe de 6-3 que parecía definitiva.
Mais este equipo nunca da un partido por perdido e a forza de empuxe e bo xogo logrou recurtar distancias por dúas veces para devolver a emoción a uns minutos finais nos que rozamos incluso a victoria xa que dispuxemos de ocasións máis que de sobra para acadala, incluindo dous balón que petaron nos paus e varios erros en remates a porta baleira.

En definitiva, un partido no que o máis xusto tería sido un empate pero que gañou quen estivo máis atinado de cara a porta.

XUVENIL B

QUINTA DE TUI 6 - UNIÓN F.S. 1
(Sen crónica disponible)

XUVENIL A

UNIÓN F.S. 4 - PECHECHES 1


Partido moi serio e traballado para lograr unha victoria que era importantísima para non desengancharse dos postos nobres da clasificación.
E non puidemos comezar mellor. Pecheches sacan de centro, bos presión dos nosos, roubo de balón e gol. Non ían nin 10 segundos e o partido parecía encarrilado. Ademáis, nos seguintes 10 minutos o xogo e as sensacións do equipo eran inmellorables: presión abafante, continuos roubos e finalizacións rápìdas que por mágoa non soupemos finalizar. E temos que comezar a facelo porque nunca se sabe cando se pode compricar un partido.

   

A partir do minuto 12 o partido igualouse lixeiramente. Os visitantes subiron un pouco a presión e, sen chegar a crear perigo en exceso, si que nos incomodaron á hora de sacar o balón. Aínda así o control do encontro era noso e pouco antes do descanso conseguiamos o 2-0 nun momento moi importante tanto deportiva coma animicamente.

   

A segunda metade non foi tan boa como a primeira. Baixamos a defensa a media pista para impedir os saques longos do seu porteiro e defendemos bastantes comodos nesa situación. Ademáis, eles sacaban esporadicamente o porteiro xogador pero sen case nengunha profundidade o que facía que o tempo pasara sen maior perigo para a nosa porta.
Por contra, con balón mostrámonos un pouco ateazados, incapaces de trenzar nen unha xogada en condicións e nesta parte as ocasións de gol foron bastante escasas. Pero, como soe pasar, cando peor o estabamos a pasar consegiamos facer o 3-0 nunha boa contra cando restaban menos de 10 minutos para o remate.


A partir de ahí relaxámonos un  poco e aínda que nos viu ben a hora de ter o balón, demos algunha que outra facilidade en defensa o que aproveitaron ben os visitantes para marcar o 3-1 tras unha rápida xogada por banda.

Nos últimos 5 minutos tocounos defender porteiro-xogador. Aínda que non nos esixiron demasiado, a defensa foi impecable; mantivemos a porta a cero, conseguimos roubar moitos balóns para finalizar a porta baleira e nun deles conseguir o 4-1 definitivo.

   

Debemos manter esta liña de xogo xa que veñen cinco xornadas consecutivas de enfontramentos contra rivais directos e, ao mínimo erro, quedaremos descolgados dos postos altos da táboa.
De seguro que os rapaces vano dar todo para acabar o máis arriba posible.




SENIOR LOCAL

UNIÓN F.S. 1 - URECA 6
(Sen crónica disponible)

SENIOR PROVINCIAL

UNIÓN F.S. 5 - MOAÑESES CELESTES 4



A pesar do axustado do marcador final foi un dos nosos mellores partidos da tempada (se non o mellor), sobre todo nunha primeira metade na que maniatamos a un gran rival e desplegamos un xogo en defensa casi perfecto.

Comezaba o Moañeses coa defensa en media pista e iso nos daba facilidades para combinar e chegar a porta con claridade. Tras dúas boas xogadas conseguiamos unha vantaxe de 2-0 mediado o primeiro acto.

Os visitantes non daban coa tecla para superar a nosa defensa alta e nesta primeira parte apenas inquedaron nun par de ocasións sen demasiado perigo a meta de Joni.
O 3-0 nun lanzamento sen barreira pouco antes do intermedio daba boa mostra do que sucedera nos primeiros 20 minutos.

   

Trala reanudación os do Morrazo demostraron porqué son o segundo clasificado e comezaron a estirarse e chegar con máis perigo, pero seriamos nós os que golpeariamos de novo anotando o 4-0 nunha boa xogada de Pivot aos cinco minutos.

Sen embargo había que sufrir. O Moañeses conseguia o 4-1 un par de minutos despois e o partido entrou nunha dinámica extraña na que os visitantes se volcaron e o árbitro non axudou nada asubiando cada contacto, por mínimo que fora, coma falta en contra nosa. Así chegou o 4-2 e a nosa 5ª falta restando máis de 10 minutos para o final do partido.
Con este panorama e o equipo atenazado á hora de defender xa que non podíamos nin tocar aos rivais, comezaron os nervios e o empate chegou tras unha falta mal defendida e unha xogada na que de non ter ese hándicap defensivo tería rematado moito antes en falta ou co balón despexado na grada.

   

   

O partido comezaba de novo e aínda sucederon moitas cousas.
Paradóxicamente nese momento retomamos o dominio do xogo e voltamos a recuperar as boas sensacións da primeira metade. Boas combinacións en ataque, con chegadas constantes pero faltábanos o gol. Éste chegaría nunha xogada a balón parado cando restaban 6 minutos para o final.


Estaba claro que eses últimos minutos non serían doados e, aínda que tivemos ocasións máis que de sobra para ampliar a nosa vantaxe, ahí estaba o señor colexiado para seguir desatando a súa tolemia co silbato chegando a asubiar ata 3 faltas máis (totalmente inexistentes) que se convertían en lanzamentos dende 10 metros, a última a falta de 6 decimas para a conclusión.
Por sorte Joni estivo inconmensurable baixo paus e conseguiu deter os tres lanzamentos para darnos unha victoria merecida por xogo, por intensidade e por ter sido mellores no computo global do encontro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario