miércoles, 20 de abril de 2016

CRÓNICAS 16 - 17 DE ABRIL

PREBENXAMÍN

UNIÓN CARRASQUEIRA 0 - BOUZA BREY 3
(Sen crónica disponible)



CADETE

APOSTOL "A" 5 - UNIÓN F.S. 2  

Mal partido dos cadetes este sábado ao que acudimos xustos e no que as cousas parecían non querer sair de ningún modo.

Empezamos adiantándonos aos 3 minutos do comezo, pero a partir de ahí o partido volveuse en contra con un gol do Apóstol no minuto 10 e outro no 22. Os duos goles son debidos a erros defensivos ao non hundir un ala e deixar vendido ao noso último home.

Na segunda parte máis do mesmo. Encaixamos o terceiro aos 9 minutos pero conseguimos recurtar distancias no minuto 11 tras un roubo en pista contraria.
Máis non era o noso dia e, froito do cansancio, rematamos recibindo dous goles máis que poñian o definitivo 5-2 no marcador.

GOLES: Santi e Rios.



JUVENIL B

LOS SAUCES "B" 8 - UNIÓN F.S 1

Mal partido do Xuvenil B que tras unha boa primeira metade, acabou cedendo unha goleada tras encaixar 6 goles na segunda metade.



GOLES: Lois



XUVENIL A

LOS SAUCES "A" 10 - UNIÓN F.S. 4


O peor partido da tempada sen comparación. O equipo non foi nin a sombra do que ven sendo habitualmente e en ningún momento atopou a maneira de entrar no partido.

 

Tras unha primeira metade nefasta marchamos ao descanso cunha desventaxa de 5-1.

 

Nos primeiros minutos da segunda metade certificamos xa a derrota recibindo dous goles máis que nos deixaban sen marxe de maniobra. Aínda así, tentámolo con porteiro xogador e foi a única
maneira posible de recurtar distancias pero o partido había moito tempo que estaba perdido.

GOLES: Oscar, David, Javi e Rios.



SENIOR LOCAL

VALLADARES B 3 - UNIÓN F.S. 5


Victoria moi importante do noso Senior de Liga Local diante do Valladares B 3-5.
Novamente con 3 Xuvenís na convocatoria, que deixaron unha vez máis destelos da sua calidade e axudaron a lograr 3 puntos que nos afianzan na zona alta de esta táboa clasificatoria.

 

Primeira parte completa dos nosos que chegaron ao descanso cun contundente 1-4, goles logrados por Javi, Manel, Juanillo e Barra.

 

Xa na segunda metade os nosos relaxáronse un poco e iso custou que os locais acurtasen distancias. Isto non implicou que se puxeran nerviosos e nun saque en longo de Sergio, Javi lograría marcar o quinto ao noso favor e segundona súa conta particular. A próxima semana recibimos al Baiña B, 3 puntos importantes para seguir entre os 4 primeiros e poder así clasificarse matemáticamente a semifinais.

 
 



GOLES: Javi (2), Juanillo, Barra e Manel.



SENIOR PROVINCIAL

CARBALLAL 5 - UNIÓN F.S. 2


Sen dúbida o partido para sentirse máis orgulloso deste clube durante toda esta campaña. Durante toda a semana foron acumulándose as baixas ata chegar ao mesmo día do partido con tan só 6 xogadores da primeira plantilla disponibles. Ante esta situación a solución era tan sinxela como complicada: tirar de canteira. Deste modo tiveron que ir convocados 4 xogadores do Xuvenil A máis un Cadete de segundo ano.
Con este panorama enfrontabamonos aos nosos amigos do Carballal e case que contra todo pronóstico fixémoslles súar a gota gorda, sobre todo na segunda metade.

  
  

Os primeiros minutos foron de tanteo aínda que o Carballal aproveitou un erro na saída da bola para adiantarse no marcador. Mediado o segundo tempo e tras dispor de varias boas ocasións para empatar, recibiamos o segundo tras unha serie de rexeites na área. E o terceiro chegou a escasos 50 segundos para o intermedio tras un 1 para 1 no que nen o noso peche nen o porteiro estiveron acertados para defender un disparo dende case 10 metros. Resultado bastante inxusto para os méritos que fixemos e as ocasións que xeramos nesa primeira parte.


A segunda metade foi máis xusta con nós. Alá polo minuto 6 recibimos o merecido premio do gol tras unha boa parede na área, máis por mágoa o Carballal fixo o 4-1 apenas un minuto despois.
Aínda así o equipo non se rendiu. Faltaban máis de 10 minutos para o remate e había que intentalo. conseguimos reducir distancias de novo e a falta de 6 minutos tentámolo con porteiro xogador.
A pesar de ter que facelo cos Xuvenís estivemos bastante correctos e disfrutamos de varias ocasións para meternos no encontro pero a boa defensa do Carballal impediunolo.
A falta de 30 segundos sufrimos unha perda que nos custou o 5-2 definitivo.

  
  

En definitiva un dia para sentirse ben orgulloso deste clube, a súa xente e os rapeces da canteira que podemos dicir que foron do mellor do partido. Destacar que os dous goles do partido foron obra do Xuvenil Javi.

GOLES: Javi (2).

No hay comentarios:

Publicar un comentario