viernes, 7 de octubre de 2016

CRÓNICAS 1 DE OUTUBRO

Malos resultados na primeira xornada de liga tanto para os equipos Senior como para o Xuvenil que saldaron con sendas derrotas os seus respectivos compromisos.


XUVENIL

REDONDELA F.S. 7 - UNIÓN F.S. 2

Os primeiros en estrear a nova campaña foron os Xuvenís na pista do Redondela e non estiveron a bó nivel e caeron con toda xustiza diante dun rival moi superior A falta de tensión e os apuros que pasamos na saída de balón diante da boa presión dos locais fixeron que marcharamos ao descanso cun claro 4-1 en contra.

A segunda metade foi case un calco da primeira e ainda que dispuxemos dalgunha ocasión máis que na primeira metade, seguimos sufrindo a movilidade dos locais e a súa presión adiantada o que fixo imposible sacar nada positivo do partido en canto ao resultado se refire.
Gran equipo o Redondela que nos superou en todalas facetas do xogo. Pola nosa banda só queda aprender dos erros e seguir traballando como ata agora.


SENIOR LOCAL

UNIÓN F.S. 0 - VULCANO F.S. 3

Mal arranque tamén para o renovado filial Senior nun partido bastante igualado no que mantivemos o tipo pero a experiencia do rival na categoría permitiulle facerse coa victoria.

A primeira metade transcurriu sen case sobresaltos pero nun erro en defensa á hora de facer un cambio os visitantes facían o 0-1 co que se chegou ao descanso.

Na segunda metade e cos nosos xa volcados na busca do empate recibimos dous goles máis que establecían o 0-3 definitivo.

Tendo en conta que a maioria do equipo confórmano xogadores recén subidos da categoría Xuvenil debemos ter calma e establecer obxectivos a longo prazo. Hai calidade, só falta adaptarse á categoría e aprender a competir.


SENIOR PROVINCIAL

A.E. MONDARIZ 3 - UNIÓN F.S. 1

A pesar do resultado non foi malo o debut para o primeiro equipo en Mondariz. Iso si, alternamos momentos de moi bo xogo con outros de desconcerto total que debemos remediar de cara a vindeiros compromisos.

Os locais sairon moi enchufados e nos primeiros minutos xa puseron en apuros a Sergio nun par de ocasións e arredor do minuto 8 lograron adiantarse no marcador.
Sen embargo, pouco a pouco fomos entrando no partido e comezamos a crear perigo. O últimos 5 minutos da primeira parte foron un asedio pola nosa parte no que dispuxemos de dúas clarísimas ocasións nas que o porteiro local estivo espectacular.

A segunda metade estivo máis igualada. Aínda que eramos nós os que tiñamos o control do balón, o Mondariz conseguía impor o seu ritmo ao partido encerandonse en 15 metros e tentando sair á contra.

Os nosos no eran quen de superar a pechada defensa local e nas poucas ocasións nas que o logramos topámonos cun porteiro local que seguía inconmensurable.
Para colmo, dous erros individuais case consecutivos poñían o 3-0 no marcador a falta de 6 minutos.

Recurrimos á baza do xogo de 5 pero a pesar de lograr recurtar distancias na segunda xogada, o marcador xa non se moveu.

En resumo, partido igualado que se decidiu por detalles e pola mellor lectura que fixeron os de Mondariz.


No hay comentarios:

Publicar un comentario