miércoles, 25 de febrero de 2015

SENIOR: FIN DA LIGA E COMEZO DA COPA


O primeiro equipo rematou a súa participación no campionato de liga hai dúas semanas cunha victoria diante do Baíña F.S. Con este motivo imos facer un resume do que foi esta primeira metade da tempada e tamén comentaremos algo da copa que comezaremos esta fin de semana perante o xusto campión de liga, o Treboada F.S.

Este ano o equipo deu un cambio significativo. No verán tentouse facer unha gran renovación de plantilla e para elo fixose un chamamento a todo aquel que quixera probar durante a pretempada.
A pesar de non sermos un clube cunha grande traxectoria non puidemos quedar máis satisfeitos coa resposta da xente. Chegamos a xuntar entre 15- 20 xogadores por adestramento o que, por unha banda, resultou laborioso á hora de facer descartes pero sen dúbida fixo que tiveramos máis opcións á hora de elexir os xogadores que conformarían a plantilla definitiva, e que estes tivesen que demostrar seriamente as súas cualidades para facerse un oco no equipo.

Coa plantilla case confecionada fixose unha pretempada moi boa, tanto a nivel de adestramentos como nos partidos de preparación. O equipo daba boas sensacións pero o importante era que chegase a hora da verdade e demostrar se estabamos preparados para competir.

E pese a tódolos bos augurios a liga non puido comezar peor. Dúas derrotas nos dous primeiros encontros nos que tamén e xusto recoñecer que non tivemos fortuna nigunha e os resultados non reflexaban o sucedido na pista.
Sen embargo a partir da terceira xornada todo cambiou. A victoria in-extremis diante do Sol Invictus, despois de ter sido bastante superiores durante todo o encontro, encheunos de moral e encadenamos unha xeira de victorias consecutivas que nos fixo chegar aos postos altos da clasificación.
Dende esa segunda xornada acumulamos máis dunha volta enteira sen perder: en total 11 partidos(10 victorias e un empate ante Ureca).

O equipo comezou a crer na posibilidade de gañar o campionato, pero no momento decisivo fallamos.
En dúas xornadas consecutivas sufrimos dúas derrotas identicas tanto en resultado como na forma en que se produxeron. Comezamos perdendo, cosenguimos remontar, e no último intre encaixabamos o gol da derrota.
Tamén é verdade que nos faltou sorte como ao principio de liga pero hai que recoñecerlle mérito aos nosos rivais, tanto Traboada como Ureca, que fixeron un campionato fantástico e souperon tirar de oficio e veteranía nos partidos claves. Dunha cousa podemos ficar orgullosos: COMPETIMOS (e de que maneira).

O equipo non se viu abaixo e pese a xa non ter oportunidade de quedar nas duas primeiras plazas soupo defender o terceiro posto con unllas e dentes e gañou no resto das xornadas que restaban.

Ao final 40 puntos; 13 victorias, 1 empate e 4 derrotas con 72 goles a favor e 35 en contra.

Sen dúbida gran tempada da que podemos sentirnos máis que satisfeitos pese a non lograr levantar nengún trofeo.

Agora comeza a Copa. Disputarase en sistema de liga a unha soa volta ao remate da cal os 8 primeiros clasificados enfrontaránse entre si en eliminatorias a dobre partido ata a final.

Afrontarémola do mesmo xeito que vemos facendo todo o ano, coa mesmo ilusión e as mesmas gañas(senón máis) e tentaremos acadar a mellor posición posible na liguilla, ainda que ao final se queremos aspirar a algo debemos poder competir contra calquera.
O tempo e, sobre todo, o TRABALLO poranos no noso sitio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario