miércoles, 20 de mayo de 2015

ACTUALIDADE DO CLUBE NAS ÚLTIMAS SEMANAS

Rematada a competcción de liga en tódalas categoarías excepto Xuvenil, os nosos equipo atópanse inmersos xa na Copa co obxectivo de chegar o máis lonxe posible e rematar a tempada con bo sabor de boca.

INFANTIL E CADETE FEMININO

O sorteo copeiro deparou un dobre enfrontanmento entre as nosas e o C.D. Beade. Os partidos de ida saldáronse con sendas derrotas; as infantis por 1-0 e as cadetes na casa por 1-2.
Ambas eliminatorias quedan abertas e seguro que nos partidos de volta imos ter opcións. O que é seguro e que disfrutaremos de dous partidos marcados pola igualdade e que terán toda a emoción típica desta competición. Agardamos que a sorte esté da nosa banda.

CADETE MASCULINO

O equipo Cadete afronta o seu último partido da tempada (descansa na última xornada) sen opcións de clasificarse para a seguinte fase tras o nefasto papel que vimos facendo desde hai un par de meses.

O equipo, tras facer unha primeira parte de tempada excelente, quizáis acusou o esforzo de xogar en liga Provincial e chegou exhausto a estes meses finais. Debemos facer todos autoreflexión e analizar as causas deste baixón para que non volte a suceder.

Malia o mencionado final de tempada que levamos non podemos deixar de felicitar ao equipo polo que nos fixo disfrutar nos primeiros meses e quedarnos co importante: sabemos xogar moi ben e hai que voltar a demostralo.

XUVENIL

O equipo Xuvenil segue sendo "regular na súa irregularidade"... é dicir, tanto pode facer un partido espectacular contra un equipo potente coma a semana seguinte desmoronarse diante dun rival da zona media-baixa.

A pesar diso, a falta dun partido para rematar a tempada o balance é bastante positivo. Xa non somos o equipo endeble en defensa dos primeiros meses e a melloría durante a tempada é evidente. Froito disto remataremos a competición na zona media-alta da táboa clasificatoria, bo resultado para un equipo creado este ano con xogadores que apenas se coñecían.

Estas últimas semanas están sendo bastante boas xa que vimos de derrotar ao 3º clasificado, o Bembrive, por 1-2 na súa casa, e o pasado Domingo ao Doira por 7-1 na nosa pista.


Esta semana agárdanos o último encontro da tempada en terras pontevedresas diante do Poio, equipo moi parexo ao noso que nos porá as cousas moi difíciles.

SENIOR

O bache que sufrimos na liguilla de Copa semella que vai desparecendo. Nas últimas semanas estamos reatopándonos con nós mesmos, e o xogo e os resultados voltan a chegar.

Na derradeira xornada da liguilla conseguimos vencer in extremis a un gran Baíña F.S. que se reforzou moi ben nas últimas datas e logramos calsificarnos en séptima posición, polo que o noso rival en cuartos de final sería o segundo clasificado, o Abetos.

No partido de ida disputado o pasado Sábado en Gondomar logramos impoñernos por 2-4. Grandísimo resultado para afrontar o partido de volta con certas garantías.
Aínda que o partido o resolvemos nos minutos finais, o certo é que a nivel de xogo fomos moi superiores e senón fose polos paus e a magnífica actuación do porteiro local ben puidemos traer unha renta máis amplia.

Esta semana debemos afrontar o partido de volta sen nengún tipo de confianza para lograr meternos en semifinais.