viernes, 3 de junio de 2016

HORARIOS FIN DE SEMANA

CRÓNICAS COPA

SENIOR PROVINCIAL

UNIÓN F.S. 4 - CESURES 2


Gran partido do primeiro equipo na súa volta á competición tras un paro obrigado de dúas semanas. Comezabamos a nosa andaina nesta Copa na eliminatoria de cuartos de final coa plantilla case ao completo, coas únicas baixas de Lechu por lesión e de Cristóbal por motivos académicos.
O equipo fixo un gran traballo, sobre todo a nivel defensivo, o que nos permitiu ir en todo momento por diante no marcador e só sufrimos nos últimos minutos cando o Cesures logrou recurtar distancias.

 


A primeira parte transcurriu moi igualada. Nós tentábamos aguantar en 3/4 de cancha e cando tiñamos a pelota chegar á porta contraria mediante posesións largas para desgastar a un rival que daba bastantes espazos.
En defensa non pasamos demasiados apuros. Ante a nosa ben plantada defensa, os visitantes recurriron aos disparos lonxanos como principal baza ofensiva pero un sempre ben plantado Joni desbarataba cada un dos seus intentos.
A falta de 5 minutos para o intermedio logramos adiantarnos logo dun pase en profundidade aproveitando un dos numerosos ocos que topabamos entre as liñas dos amarelos.
Con ese resultado marchabamos aos vestiarios aínda que coa sensación de que a renda podia ser máis ampla.

Coa reanudación chegou a reacción visitante quen, tras un par de avisos nos primeiros minutos lograron o empate nunha xogada con algo de fortuna na que o balón se lle escapa a Joni das mans cando o tiña case controlado.
O equipo non se viu abaixo e nin un minuto despois voltamos a pornos por diante nunha fermosa xogada culminada tras un par de rexeites.


Estabamos a xogar moi ben, seguros en defensa e creando moito perigo cada vez que chegabamos á meta contraria e mediada esta segunda metade conseguiamos o 3-1 tras unha parede en media pista culminada cun gran remate cruzado ao segundo pao.

O gol fixo moito dano aos visitantes que pasaron por uns minutos de total desconcerto e nós aínda tivemos ocasión de ampliar a nosa ventaxa nun par de accións nas que non estivemos finos de cara a porta. Aínda máis cando a falta de 4 minutos disfrutabamos dun lanzamento de 10 metros que podia finiquitar o partido. Sen embargo erramos a ocasión e case na seguinte xogada o Cesures lograba o 3-2 mediante un libre directo.

Os últimos 3 minutos tocounos defender contra 5 e soupemos aguantar ben a pesar da presión polo curto do resultado, e faltando 4 segundos conseguimos roubar un balón que se converteu no 4-2 a porta baleira.

 

Partido moi serio e moi completo que demostra a madurez dun equipo que foi medrando durante toda a tempada a medida que pasaban as xornadas.

A próxima semana visitamos ao Abetos B nas semifinais, outro equipo que tamén ven de gañarnos nos dous enfrontamentos ligueiros e que ven de demostrar o seu potencial eliminando a un grande coma Moañeses en cuartos de final.




SENIOR LOCAL

VALLADARES Z 3 - UNIÓN F.S. 1

Partido de ida das semifinais que nos deixa un sabor agridoce despois do visto sobre a pista. Merecimos máis, moito máis, pero a mala sorte e a expulsión do noso porteiro Sergio nada máis arrancar a segunda metade condicionaron un encontro que hasta ese momento tiñamos bastante controlado.


Na primeira metade fixemos un traballo espectacular en defensa. Ben plantados os nosos en media pista, os locais non eran quen de atopar ocos e chegar á nosa porta con facilidade.
Nun roubo de balón logramos o 0-1 cun disparo dende a nosa propia pista aproveitando a situación adiantada do porteiro do Valladares. Lonxe de renunciar ao ataque despois de poñernos por diante o equipo seguiu acumulando chegadas e ocasións á vez que mantiñamos a orden defensiva. Sen embargo, a falta de 10 segundos para o descanso recibimos o empate tras unha perda de balón nun saque de portería. Unha mágoa tras a gran primeira metade realizada.

 

No segundo tempo comezaron a torcerse as cousas. Tras comezar con boas sensacións e acumular un par de boas ocasións para voltar a adiantarnos chegou a xogada clave do partido. Perdemos un balón en media pista que propicia un 1 contra 1 ante Sergio quen non ten máis remedio que parar o balón coas mans fóra da área. Vermella directa.
Coma non dispoñiamos de porteiro suplente tivo que ser David quen se puxsera baixo paus.
Para culminar a mala sorte, no lanzamento desa falta encaixamos o 2-1.

 

Nese momento decidimos xogar de 5 para tentar que os locais non tiveran o balón e nos crearan as mínimas ocasións de gol posibles e a estratexia funcionou a perfección. O Valladares tampouco daba mostras de querer facer máis dano e aguantaba en 12 metros sen apretarnos nada e nós adicabamosnos a circular o balón e tentar que pasara o tempo o máis rápido posible pensando xa en manter o resultado de cara ao partido volta.

Pero na última xogada do partido un erro defensivo permitiu aos locais ampliar a súa renda cun gol que nos fai moito dano e que nos complica sobremaneira a remontada a vindeira semana.


XUVENIL

UNIÓN F.S. 2 - ANCORA D´OURO 3

A cruz esta semana foi para os Xuvenís que tras firmar unha magnífica tempada quedan eliminados da Copa dunha forma tan cruel como inxusta.


Comezamos o partido coa defensa un pouco máis restrasada que de costume para non caer nos baixóns que estaban a ser tan habituais nos últimos encontros durante as segundas metades. Así conseguimos que o Ancora tivera moito o balón pero en zonas moi lonxanas a nosa meta e sen nengunha profundidade.
Aínda así os marinenses foron quen de adiantarse nunha xogada individual tras unha contra rápida que comezou na sua propia área.

Nese momento decidimos coller o mando do partido e pasamos a dominar o xogo e as ocasións logrando darlle a volta ao marcador en apenas 10 minutos. O empate conseguido polos visitantes na última xogada desta primeira metade non facía xustiza ao noso gran xogo.

 


No segundo acto igualáronse moito as forzas. Co empate no marcador ningún dos dous equipos parecía disposto  a arriscar, as ocasións escasearon e os penaltis comezaban a rondar na cabeza de todos. Máis cando restaban 4 minutos para a conclusión encaixamos o 2-3 nun erro defensivo clamoroso no que deixamos sós a dous xogadores visitantes na nosa área.

Case sen tempo para reaccionar sacamos porteiro xogador pero a impaciencia fíxonos precipitarnos en case todas as xogadas e non dispuxemos apenas de oportunidades para forzar os penaltis.

Unha verdadeira mágoa esta eliminación pola forma na que se produciu e porque se un equipo do clube merecía un premio esta tempada ese era sen dúbida este Xuvenil, tanto polo compromiso demostrado coma polas gañas e ilusión que puxeron en cada encontro.
E neste partido, pese a derrota, tampouco se lle pode poñer un pero a ningún xogador, simplemente felicitalos e pensar que aínda son moi novos e lles quedan moitas alegrías por diante.

ÁNIMO RAPACES!!!!!