jueves, 25 de febrero de 2016

CRÓNICAS DA ÚLTIMA XORNADA


ATA PRONTO GERMÁN!!!!

Temos que comezar estas crónicas coa despedida dun xogador do primeiro equipo. Germán Otero, un dos fichaxes desta tempada marcha fóra do país por motivos de estudos.
Dende o clube desxámoslle toda a sorte do mundo e agardámos a súa volta cos brazos abertos.
Sorte compañeiro!!


PREBENXAMÍN

IES CORUXO 0 - UNIÓN CARRASQUEIRA 4



Gran partido dos peques que volveron gañar tras varias semanas sen poder facelo. A destacar que tamén voltamos deixar a portería a cero despois dunha fase de varios partidos nos que a excesiva confianza á hora de atacar custábanos recibir bastantes goles.
Gran traballo de tódolos rapaces que seguen a facer unha gran tempada.


CADETE

UNIÓN F.S. 3 - APÓSTOL 3
(Sen crónica disponible)
           

 



XUVENIL B

UNIÓN F.S. 1 - LEIS C 4

Horrible partido ante un rival bastante inferior, cousa que non se viu reflexada na pista.

Enfrontábamosnos a un rival directo, dos últimos clasificados da competición ao igual que nós e o lóxico tería sido facer un partido digno e, lonxe de gañar ou perder, polo menos competir, o que tampouco se fixo.

Pese a facer unha primeira metade "correcta" e marchar ao descanso con empate a 1 no marcador, a segunda parte foi un completo desastre. Sen ideas en ataque, con nula movilidade e permitindo contras a un rival que as aproveitou á perfección.

Nada positivo que sacar deste encontro. Moito que mellorar tanto deportivamente coma en actitude, pero con esforzo e traballo todo se pode facer.


XUVENIL A

REDONDELA 2 - UNIÓN F.S. 3



Tampouco foi bo o partido do Xuvenil A en Redondela. Nun escenario inmellorable (precioso quedou o novo pavillón dos redondeláns) logrouse a victoria máis por empuxe que por bo xogo.

Os dez primeiros minutos de partido son o tempo co que nos podemos quedar. O equipo saiu con actitude, mandando na pista e acumulando ocasións. Froito delo conseguimos poñernos por diante no marcador. Sen embargo, a partir do minuto 10 vímonos abaixo e os locais lograron o empate pouco antes do descanso, no medio dun total caos defensivo pola nosa banda.

   

A reanudación non puido comezar pior. No primeiro minuto recibíamos o 2-1 noutro erro defensivo clamoroso que aproveitou un xogador redondelán para marcar cun forte disparo cruzado dende 10 metros sen oposición.
Parecía que o partido íase complicar máis polas malas sensacións que daban os nosos, inacapaces de dar máis de 3 pases seguidos e con poucas ideas en ataque, pero contra todo pronóstico un libre directo transformado dende a frontal da área meteunos no partido e deixou aos locais un pouco tocados. Un par de minutos despois aproveitamos unha perda de balón perto da portería para facer o 2-3.

   

Téntouno o Redondela xogando de 5 nos últimos minutos pero os nosos, ben plantados, non lles deron opción e a piques estivemos de ampliar distancias nalgún que outro roubo que non soupemos finalizar.

   

Ao final, victoria lograda máis por calidade individual e por empuxe que por merecemento.

Aínda que a outra lectura posible é que este equipo comeza a gañar partidos ata xogando mal. Positivo? Só o tempo o dirá.


SENIOR LOCAL

UNIÓN F.S. 6 - TUI B 4 (Mini crónica)

Boa remontada nun partido que se puxo custa arriba moi cedo.
Comezouse perdendo por 0-2 pero unha extraordinaria reacción de todo o equipo fixo posible empatar antes do descanso e na segunda metade chegar a coller unha vantaxe de 6-3 no marcador.
Ao final os tudenses lograron recurtar distancias xogando de 5, pero non quedaba tempo para máis.

Destacar o papel determinante dos xuvenís que están subindo a xogar tódalas semanas. Sen a súa axuda sería todo máis complicado.


SENIOR PROVINCIAL

BAITRA BAIONA 6 - UNIÓN F.S. 1

Mal día tamén para o primeiro equipo en Baiona que non foi quen de doblegar a un rival superior, sobre todo na segunda metade.


A primeira parte non tivo moita historia. Xogo igualado ainda que eran os locais os que levaban o peso do partido. Nós defendiamos ben plantados e tentábamos sair rápido co balón e cazar algunha perda en pista contraria presionando moi arriba.

   

O Baitra adiantouse mediada a primeira metade nun rexeite dentro da área e conseguimos empatar aos poucos minutos cun disparo lonxano que tamén foi desviado por un defensor local.
Antes de rematar os primeiros 20 minutos os locais ainda dispuxeron de dous dobres penaltis (tolemia total do árbitro asubiando faltas inexistentes durante todo o partido) que por sorte ou por xustiza lanzaron por fora do marco de Joni.

   

Ata aquí todo ben, pero nada máis sair dos vestiarios na primeira xogada de ataque local encaixamos o 2-1 nun tremendo erro colectivo. E nos 4 minutos seguintes recibimos dous goles máis que case eran a sentencia xa que nin estabamos defendendo ben, nin en ataque conseguiamos xogar fluido e moito menos crear perigo na meta contraria. Un desastre total.

Así, foron pasando os minutos ata que a falta de 7 para o remate recibimos o quinto noutro erro imperdoable na presión.

Sacamos porteiro xogador e a pesar de conseguir moita profundiade e lograr meter varias veces o balón en liña de fondo, sempre faltaba alguén de cara ou no segundo pau para rematar a xogada.
En definitiva, un mal día en tódolos sentidos que rematou recibindo o sexto e definitivo tanto a porta baleira no unico balón que perdemos xogando de 5.


Toca levantar cabeza e voltar á boa senda de xogo e resultados que levábamos últimamente.

sábado, 20 de febrero de 2016

HORARIOS FIN DE SEMANA

HORARIOS

Prebenjamin
IES Coruxo - Unión F.S.
Viernes 19, 17:30 P. IES Coruxo

Cadete
Unión F.S. - Apóstol A
Domingo 21, 10:00 C. Apóstol

Juvenil B
Unión F.S. - Leis C
Sábado 20, 10:00 P. Frontón

Juvenil A
Redondela - Unión F.S.
Domingo 21, 10:00 Novo Redondela

Senior Local
Unión F.S. - Tui B
Sábado 20, 16:00 P. Frontón

Senior Provincial
Baitra Baiona - Unión F.S.
Sábado 20, 18:00 P. Baiona

miércoles, 17 de febrero de 2016

CRÓNICAS 13-14 DE FEBREIRO

Non foi unha xornada productiva para os nosos equipos. Non só en canto a resultados, que non foron bos, senón tamén en canto á disputa de partidos xa que a metade dos nosos equipos quedaron sen competir por diferentes motivos.

PREBENXAMÍN

U.D. MOS - UNIÓN CARRASQUEIRA (SUSPENDIDO)

Os cativos do clube quedaron sen xogar esta semana debido ás goteras no pabillón Oscar Pereiro.


CADETE

FUTSAL MORRAZO 9 - UNIÓN F.S. 1

Mala saída dos cadetes que tras unha serie de semanas sen coñecer a derrota, este Domingo tocoulles sufrila e ademáis de forma xusta como reflexa o marcador final.

O partido estivo sempre de cara dos locais, en ningún momento o equipo se topou cómodo na pista e froito dese dominio chegaos ao descanso cunha desventaxa de 4-1.

Na segunda parte máis do mesmo, aínda que nas contras foi onde o Morrazo tirou máis rédito para establecer o 9-1 final.

Partido para esquecer, aprender dos erros e seguir mellorando que a liga aínda acaba de comezar.

GOLES: Ríos.


XUVENIL B

BAÍÑA B - UNIÓN F.S. B (SUSPENDIDO)

Ao igual que os prebenxamíns, o encontro que tiña que disputar o filial Xuvenil B en Baiona este Domingo quedou aprazado por mor das goteras no pavillón de Covaterreña.


XUVENIL A

UNIÓN F.S. 5 - MIRALBA 4


Gran espectáculo o que nos ofreceu o Xuvenil A este Domingo en Valadares. Un partido super completo, tanto en ataque como en defensa que tan só se viu empañado por uns minutos finais un tanto dibudativos nos que encaixamos dous goles tontos producto sen dúbida dunha excesiva relaxación.

E iso que non comezou ben o partido xa que aos poucos minutos do pitido inicial o Miralba cazábanos nunha contra e poñiase por diante. Sen embargo os nosos aproveitaron a súa maior riqueza táctica para comezar a encerrar aaos visitantes na súa area e conseguir voltear o marcador arredor do minuto 15 de xogo, anotando o empate tras unha boa xogada colectiva e o segundo nunha accioón de estratexia.

   

Na reanudación, parecía que o Miralba quería vir presionar máis arriba pero os nosos tiveron 10-15 minutos espectaculares nos que conseguiron anular ao rival en ataque e anotar dous goles máis que nos daba unha renda máis que ampla para afrontar os últimos 10 minutos.
Sen embargo, nunha xogada aillada os visitantes recurtaban distancias e case sen tempo para reaccionar, nun lanzamento de falta directo lograban o 4-3 e os nervios comezaron a afrorar.


A pesar de lograr o 5-3 restando 5 minutos para a conclusión nunha nova xogada de estratexia o equipo comezaba a dar mostras de inseguridade concedendo demasiados espazos o que aproveitou o Miralba para, sobre a bocina, estanlecer o 5-4 definitivo.

GOLES: Javi (2), Oscar, Sergio e Manel.


SENIOR B

ZAMÁNS 9 - 1 UNIÓN F.S.

Derrota xusta do filial Senior ante un rival superior fisicamente ao que soupemos aguantar durante a primeira metade pero que na segunda aproveitou as nosas perdidas de balón para matar o partido á contra.

Fumos nos quen nos adiantamos no marcador aos 4 minutos de xogo, pero o Zamáns logrou empatar con fortuna aos poucos minutos cun gol en propia meta á saída dun córner.
E con este marcador trnascurríu case toda a primeira metade con ocasións para ambos equipos, ata que faltando cinco minutos para o descanso foron os locais os que lograron 2 goles máis que nos tocaron moralmente de cara á segunda metade.

Nada máis sair do vestiario recibimos o 4-1 que tiraba por terra todas as nosas aspiracións. O equipo viu a empresa imposible e baixou os brazos. Esto, unido á nosa precipitación en ataque, fixo que os locais se sentirán cómodos e os goles foron caendo un tras outro cos nosos fundidos física e anímicamente.

GOLES: Dani.


SENIOR A

UNIÓN F.S. - AREALONGA (APLAZADO)

O partido do primeiro equipo foi aplazado polo comité de competición a petición do Arealonga, ao non dispor de xogadores suficientes para disputalo por mor das lesións e os compromisos laborais do seus compoñentes.

viernes, 12 de febrero de 2016

HORARIOS NOVA XORNADA!!! E FOTOS


Eiquí están os horarios de cara a esta xornada que comeza mañá, desexámoslle toda a sorte aos nosos...

P.D.: Lamentablemente por mor das "vacacións de entroido" non se puido actualizar o blog e publicar as crónicas da semana pasada. A partir desta semana voltaremos á normalidade.

Aínda así, deixámosvos algunhas fotos dos partidos de Xuveniles e Cadete
(Mil gracias a Andrea Barja polas fotos. Sen ela, este blog non sería o que é.)

   

   


   

   


jueves, 4 de febrero de 2016

CRÓNICAS XORNADA 30- 31 DE XANEIRO


Espectacular fin de semana para o clube xa que se logrou vencer en todos os partidos que disputados na xornada.
A pesares de ter complicados compromisos e un par de desplazamentos bastantes lonxanos os nosos equipos deron ben a talla e brindáronnos unha boa fin de semana de fútbol sala.
A mágoa foi que tanto o equipo Cadete, que reanuda esta semana a competición, coma o Prebenxamín, que viu suspendido o seu encontro por inundación da pista de xogo, non xogaron e impediron un posible "pleno" que puido ser histórico para o clube.


PREBENXAMÍN

 A PAZ 03 - UNIÓN F.S.
(Suspendido por chuvia)


CADETE

O equipo Cadete rematou a semana pasada a fase de clasificación para a liga regular. Tras un comezo bastante dubidoso con un par de derrotas consecutivas os rapaces remataron collendo o pulso a competición e acadaron unha meritoria cuarta praza que nos da dereito a xogar en 1ª División Local, unha liga que vai ser moi igualada e disputada e na que seguro que aprenden e se divirten ao mesmo tempo.


XUVENIL B

UNIÓN F.S. 1 - BEADE B 0
(Sen crónica disponible)


XUVENIL A

TERRA DE MONTES 1 - UNIÓN F.S. 4

Complicado desplazamento tiña o primeiro equipo Xuvenil este Sábado a Forcarei. Máis saiu rentable e ademáis de disfrutar dunha gran xornada de convivencia entre xogadores, pais e adestradores, logramos traer os tres puntos para casa a base de bo xogo.


O partido comezou parello pero pouco a pouco foise decantando da nosa banda. Os locais non eran quen de superar a nosa presión e pasamos a ter case completamente a posesión e a acumular chegadas e ocasións.
Mediados os primeiros vintecinco minutos lograbamos poñernos por diante e, pese a gran cantidade de ocasións das que dispuxemos o marcador non se movería ata o descanso.


Non puidemos comezar pior a reanudación xa que aos dous minutos recibiamos o empate nunha das poucas ocasións claras das que dispuxera o Terra de Montes. Xa se sabe: quen perdoa acaba pagando.

O gol afectou ao equipo que tardou uns cantos minutos e volver a entrar no partido. Ata que no minuto 10 conseguiamos o 2-1 e tan só un par de minutos despois anotábamos o terceiro que nos deu certa tranquilidade para afrontar o final do encontro.


Nos últimos minutos, cando máis apertaban os locais xogando de 5, logramos o definitivo 1-4 nunha xogada de estratexia á saída dun corner.

Día redondo tanto no deportivo coma no humano.


GOLES: Javi(2), Sergio e Oscar.


SENIOR LOCAL

UNIÓN F.S 3 - VALLADARES B 1
(Sen crónica disponible)


SENIOR PROVINCIAL

CARRIL 9 - UNIÓN F.S. 13

Esperpéntico resultado o colleitado polo primeiro equipo no Salnés esta fin de semana. Motivado sobre todo por unha mala xestión dos últimos minutos nos que un exceso de relaxación case nos custa un partido que estivo gañado en todo momento dende a metade da primeira metade.

   

Arrancamos ben o encontro e aos tres minutos xa nos adiantaramos no marcador. Sen embargo o Carril reaccionou ben e foi quen de darlle a volta ao marcador arredor do minuto 10.
A partir daquí comezou o noso recital. Logramos 4 goles case consecutivos (2-5) froito dun xogo en ataque espetacular e pese a que o Carril volveu acurtar distancias, nos ultimos minutos materializamos dous tantos máis para ir ao descanso cun, parecía, case definitivo 3-7 ao noso favor.


Na segunda metade os locais non se rendiron e xogaron de 5 dende o saque inicial. Non foi problema nun principio, xa que na primeira xogada conseguimos roubar o balón a aumentar a nosa distancia pero aos poucos minutos o Carril reducia distancias outra vez.


E así transcurriu a segunda metade: intercambio de golpes con goles nas dúas porterías aínda que o partido seguía controlado polos nosos xa que en ningún momento a diferencia no marcador foi de menos de 5-6 goles. Ata que chegamos aos derradeiros 6 minutos.

    
Cunha renda de 6-12 ao noso favor, non soupemos xestionar e calmar o xogo neses minutos finais e recibimos 3 goles case consecutivos que nos fixeron volver a Vigo cun sabor agridoce pese a vitoria acadada.
Toca aprender dos erros pero tamén quedarse coas cousas que se fixeron ben que foron moitas.


GOLES: Xaime(4), Edgar(3), Tonio(2), Tato(2), Xian (2).