miércoles, 2 de diciembre de 2015

CRÓNICAS FIN DE SEMANA



Outra fin de semana para esquecer para a maioria dos nosos equipos. Os equipos das categorías Senior e Xuvenil volveron caer e nalgúns casos repetindo os mesmos erros que en anteriores xornadas, o que é máis motivo de preocupación que a propia derrota.
Agardemos que sexa tan só un pequeno bache do que nos poidamos recuperar o máis axiña posible.


SENIOR PROVINCIAL

ATL. FORCAREI 7 - UNIÓN F.S. 2

O primeiro equipo caeu en Forcarei. Desta volta ante un rival que foi claramente superior tanto en xogo como en intensidade o que, unido aos mesmos erros que vemos cometendo en defensa ao longo de toda a tempada, fixo imposible que nin tan sequera puideramos competir o partido en ningún momento.

O 5-1 ao descanso e as sensacións dun e outro equipo deixaba ben ás claras o sucedido na pista e non nos quedaba outra opción que adicar a segunda metade a intentar maquillar o marcador, cousa que tampouco puidemos conseguir.

Dende aquí felicitar ao Forcarei pola súa victoria e a nós tócanos seguir traballando. Hai que ter en conta que somos un recén ascendido e temos que collerlle o pulso á nova categoría e aprender a menexar o tempo dos partidos.


GOLES: Cabaleiro y Migui.


SENIOR LOCAL

TUI FUTSAL "B" 4 - UNIÓN F.S. "B" 0
(Sen crónica)


XUVENIL

POIO 5 - UNIÓN F.S. 3

Extraño encontro o disputado polo Xuvenil en Poio. Tras unha primeira metade moi igualada en con ocasións para os dous equipos un mal arranque do segundo tempo botou por terra todo o traballo ben feito no resto do partido.


Coma ben dixemos a primeira metade foi moi igualada ainda que aberta. Houbo chegadas e ocasións para os dous equipos pero o que tivo a sorte de marchar con ventaxa aos vestiarios foi o Poio tras aproveitar unha boa xogada de estratexia.

Co 1-0 comezaba a segunda metade e nos 10 primeiros minutos perdemos o partido. Recibimos 3 goles case consecutivos que nos fixeron ir a remolque ate o final. Pese a lograr acurtar distancias co 4-1, ao minuto seguinte o Poio facia un novo gol para poñer as cousas de novo no mesmo lugar.
Sen embargo, cando pior estabamos e faltando dez minutos os rapaces reaccionaron e comezaron a asediar a portería local recurtando distancias con dous goles máis. 
Restaban cinco minutos e aínda tivemos ocasións incluso para empatar o encontro, máis a reacción fora tardía e xa non quedaba tempo.

Non queda outra que aprender dos erros e felicitar ao Poio pola súa victoria.

GOLES: Oscar (2) y David.


XUVENIL "B"

UNIÓN F.S. "B" 0 - VIGO 2015 3
(Sen crónica disponible)




CADETE

MARISTAS 2 - UNIÓN F.S. 9

Bo partido dos nosos cadetes diante dun Maristas moi frouxiño. Aínda así non debemos quitar méritos ao bó xogo que desplegaron os rapaces, acadando unha victoria que xa viñan necesitando.


O partido non tivo historia nengunha. Pese a comezar encaixando o primeiro gol aos dous minutos, reaccionamos cedo e ao minuto seguinte logramos empatar. Ao descanso xa venciamos por 1-4.
A segunda metade foi un monólogo pola nosa banda ata chegar ao 1-9, maquillado polos locais no ultimo minuto por medio dun lanzamento de falta.



Felicitar aos nosos rapaces pola sua primeira victoria e tamén ao Maristas pola súa deportividade e desexarlle moita sorte no que resta de tempada.

GOLES: Ríos (4), Santi (2), Alex (2) y Kenny.


PREBENXAMÍN

UNIÓN CARRASQUEIRA 3 - VIGO 2015 1

Os nosos pequenos nos deixan de sorprendernos.
Semana tras semana van mellorando no seu xogo e semella que, de momento, non hai quen os pare. Máis alá do resultado, as sensacións que deixan son inmellorables xogando cunhas ganas e unha intensidade que xa quixeran moitos equipos de categorías superiores.

Non queda outra que felicitalos e animalos a que sigan así!

No hay comentarios:

Publicar un comentario