miércoles, 9 de diciembre de 2015

RESULTADOS E MINI-CRÓNICAS 5 - 6 DE DECEMBRO




Nova fin de semana na que os equipos da base son os únicos que deixan boas novas a nivel deportivo.

Os prebenxamíns seguen a o seu, desfrutando e facendo desfrutar a pais e adestradores. E os cadetes volveron a gañar con autoridade diante do Valladares por un contundente 9-3.

A cruz volveuse dar nas categorías Xuvenil e Senior. Certo é que a maioria dos equipos enfrontábanse aos lideres das súas respectivas competicións e, tendo iso en conta, pódense valorar positivimante os partidos máis alá dos resultados.

O Xuvenil B competíu ben o seu partido ata mediada a segunda metade, cando recibiu dous goles case consecutivos que decantaron o marcador a prol dos colexiais.
Bo traballo tamén do Xuvenil A, que se enfrontaba ao mellor equipo sen dúbida da categoría, ao que mantivo contra as cordas ata o minuto 10 da segunda metade no que o Treboada conseguiu igualar a ventaxa que tiñamos dende o primeiro acto. Ao final impuxose a lóxica clasificatoria e os de Teis conseguiron levar os tres puntos nun bo final de partido.


Na categoría Senior, o filial de local tamén fixo un partido decente ante o lider Valladares. Pese a non poder competir polos 3 puntos dada a superioridade visitante, o 1-4 final pode considerarse un resultado que non fai excesivo dano ao equipo.
O primeiro equipo sen embargo, si que sae con muy malas sensacións despois do partido diante do Cesures. O rival non era dos máis potentes nen muito menos e pese a lograr poñernos por diante mediado o primeiro tempo, acabamos caendo tras unha nefasta segunda metade na que o equipo deu mostras de estar esgotado e sen ideas. Entre todos debemos traballar a reo e tentar cambiar esta dinámica negativa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario