viernes, 22 de enero de 2016

RESULTADOS, CRÓNICAS E HORARIOS DA PRÓXIMA JORNADA



PREBENXAMÍN

UNIÓN F.S. 1 - CCR CABRAL 1

Os prebenxamíns topáronse nesta xornada cun óso duro de roer, o Cabral, que demostrou ser un moi bo equipo e púxonos as cousas moi difíciles dende o primeiro ata o ultimo minuto.

O empate final pódese considerar un resultado xusto, ademáis: "non sempre se vai gañar..."


CADETE

UNIÓN F.S. 8 - ALBORADA 6

Outro partido con moitos goles dos nosos cadetes e unha nova victoria que, se ben non nos permite meternos entre os clasificados para disputar a Liga Provincial, seguramente sea suficiente para polo menos meternos na 1ª Categoría e xogar unha liga igualada e competida.

Moi bo partido de todo o equipo, sobre todo en ataque, máis debemos mellorar na faceta defensiva e evitar encaixar tantos goles.

GOLES: Alex (4), Rios (3), Andrés.


XUVENIL B

UNIÓN F.S. 0 - VALLADARES 9

Otra actuación muy pobre de nuestro filial juvenil, que debe comenzar a mejorar empezando por cambiar la actitud con la que enfrenta cada partido. Nada más que añadir. El resultado habla por si solo.
Calidad hay más que suficiente en el equipo como para estar metidos tan abajo en la clasificación recibiendo goleada tras goleada. Solo hay una solución: TRABAJAR DURO!!!


XUVENIL A

CCR CABRAL 0 - UNIÓN F.S. 2

Mal partido pese á victoria. Sendo os nosos un equipo bastante superior ao Cabral non teriamos porque pasar tantos apuros para gañar este partido.

Sen xogar un bo partido tivemos ocasións máis que de sobra para pechar antes o marcador. Sen embargo non logramos o 0-1 ata o minuto 10 e da maneira máis tonta, cun disparo lonxano e moi frouxo ao que o porteiro local non logra chegar ao estar tapado por un compañeiro.


Na segunda parte o mesmo guión. Fallando ocasións moi claras e deixando espacios á contra para un Cabral que tampouco estivo atinado nas poucas chegadas que tivo. Destacar a actuación de Guede na portería que axudou a esa falta de tino dos locais.
A cinco minutos do final logramos o gol da "tranquilidade" tras un robo en media pista, finalizando unha xogada de 2 contra poreiro.

Debemos mellorar se queremos seguir nos postos altos da táboa.



GOLES: Jose e Javi.


SENIOR B

UNIÓN F.S. 5 - BAIXO MIÑO 2

Outro partido que deu máis problemas do que debera.
Victoria fraguada a partir de mediada a segunda metade onde, a maior calidade dos nosos impúxose ante un combativo Baixo Miño.

A primeira metade parecía controlada tras lograr o 1-0 aos poucos minutos do comezo pero foise enredando pouco a pouco e a un minuto do descanso encaixamos o 1-1 nuhna xogada algo afortunada tras varios rexeites.

A segunda parte parecía un calco da primeira: logramos adiantarnos de novo arredor do minuto 5, pero 5 minutos máis tarde o Baixo Miño logra empatar outra vez transformando un máis que discutible penalti.

Sen embargo foi un espexismo, a partir dese momento tomamos o control do partido e logramos 3 goles case consecutivos que nos permitiron rematar o partido con tranquilidade.

GOLES: Dani (2), Angel, Tizón, Javi.

SENIOR A

ABETOS B 5 - UNIÓN F.S. 4

Partido de contrastes no que mostramos dúas caras totalmente opostas. Unha primeira metade nefasta e que nos lastrou ate o final, e unha segunda (como ven sendo habitual) espectacular pero que non foi suficiente para sacar algo positivo.

O partido comezaba igualado e a dicir verdade bastante aburrido. Os dous equipos moi espesos, agardando na súa propia pista e sen apenas crear ocasións de gol. Ata que arredor do minuto 15 un potente disparo dende 10 metros dos de Gondomar entra cruzado na meta de Joni.
O gol non cambiou o panorama. Nós seguíamos sen lograr combinar e o Abetos aguantaba cómodo.
Ademáis, estiveron moi ben nunha xogada de estratexia no saque dunha falta para lograr o 2-0.

E cando parecía que remataba a primeira metade encaixamos o 3-0 nun saque de banda que rematou cunha indecisión entre os defensas e Joni. Pao moi duro para ir ao vestiario.

Como ven sendo habitual tardamos en entrar nos partidos e desta volta, como en tantas outras, foi trala reanudación. E de qué maneira!
Embotellamos ao Abetos na súa área cunha presión abafante e aos cinco minutos xa lograramos reducir a distancia no marcador ao mínimo (3-2).


Sen embargo o Abetos aproveitou outro despiste infantil noutro saque de banda para poñer o 4-2.
E aquí comezou a tolemia.

Faltaban 5 minutos para o final e o Abetos cometía a 5ª falta e na xogada seguinte a 6ª.
Podiamos meternos de novo no partido máis o lanzamento de 10 metros mandámolo fora...
A mala sorte fixo que ao minuto seguinte (de novo nun saque de banda!!!) encaixaramos o 5-2.

Decidimos sacar porteiro- xogador quedando 3 minutos aínda que semellaba todo perdido, pero na primeira xogada tras sacar de centro movemos ben o balón e conseguimos o 5-3. Voltamos a crer.
E aínda máis cando aos poucos segundos o Abetos cometía a 7ª falta e dispoñiamos doutro lanzamento de 10 metros. E outra vez o mandamos fóra...
Sen embargo seguimos tentandoo e faltando aínda 1 minuto para o final, conseguimos o 5-4 cun disparo dende fora da área tras mover a toda a defensa local.

Nese minuto non soupemos ter a calma suficiente. Estivemos moi precipitados no xogo de 5, fruto das presas e a ansiedade, e o Abetos defendeu ben a sua vantaxe.

Conclusións negativas: Regalamos a primeira metade, fallamos dous dobres penaltis e recibimos 4 goles a balón parado (3 de SAQUE DE BANDA), cousa pola que nunca nos caracterizamos, incluso pódese dicir que soemos defender ben esas situacións.

Conclusións positivas: A reacción do equipo na segunda metade, darnos conta de que sabemos e podemos xogar tan ben ou mellor que calquera equipo da categoría, e pensar que incluso con todas as cousas que fixemos mal se chegamos a meter os dobres penaltis houberamos gañado o partido.


GOLES: Xaime (2), Germán, Edgar.


HORARIOS PRÓXIMA XORNADA




No hay comentarios:

Publicar un comentario