miércoles, 21 de diciembre de 2016

CRÓNICA CONXUNTA DA DERRADEIRA XORNADA DE 2016


Aproveitamos esta última xornada de competición do ano para facer un repaso da situación na que se atopan os diferentes equipos do clube. Tamén, para non extendernos demasiado esta vez non haberá as crónicas habituais senón un breve resumo de cada partido xogado a pasada fin de semana.


PREBENXAMÍN E BENXAMÍN

Xuntamos aos dous equipos de base porque, ademáis de compartir denominación pensamos que o traballo nestas categorías debe ser máis especializado na formación deixando un pouco de lado o sentido competitivo.

O equipo benxamín ben de rematar a fase previa facendo un bo papel dentro das espectativas que se tiñan postas nuns rapaces que nunca competiran oficialmente. Agora comezarán a liga regular onde os partidos serán bastante máis igualados.
Na última xornada caeron por un contudente 6-0 diante do Colexio Mariano.

Os prebenxamins terminan o ano cunha victoria por 4-0.
A base deste grupo xa ben feita da tempada pasada e este ano estase a confirmar tanto en resultados, coma en progresión de xogo que é o que máis nos importa.


XUVENIL

Mutación completa deste equipo dende que comezou a liga regular.
Encuadrados na segunda división, contan tódolos seus partidos por victorias e se situan líderes da competición. O obxectivo claramente non é quedar campións pero tampouco imos renunciar a nada. Que o tempo e os nosos méritos nos leven a onde toque.

Sen embargo máis que á boa xeira de resultados debemos darlle importancia á melloría no xogo e á intensidade coa que se afrontan agora os partidos, nada que ver co principio da tempada.
Se o equipo consigue manter estas dúas premisas os resultados seguirán acompañando.

Esta última xornada venceu por 4-1 ao Cios Vigo.


SENIOR LOCAL

Gran peche de ano do Senior Local, que venceu ao Baixo Miño para marchar ao parón navideño coma lider da competición aproveitando o empate entre Teis e Campito. Algo circunstancial xa que ainda temos que cumplir a xornada de descanso pero que da mostras da capacidade competitiva do equipo.

Sen dúbida un grupo moi unido e que demostra sempre o máximo nivel de intensidade e actitude, xa xogue contra o primeiro ou o último clasificado.
A estas alturas xa podemos considerarnos candidatos a loitar polo título de liga, algo que sería histórico ao estar composta a plantilla maioritariamente por xogadores de primeiro ano recén subidos da categoría Xuvenil.


SENIOR PROVINCIAL

Máis complicada é a vida para o primeiro equipo, que tanto é quen de impoñerse con autoridade aos dous primeiros clasificado, coma de caer ante o penúltimo da táboa a semana seguinte.

E iso foi o que pasou este pasado Domingo. Dura derrota por 6-4 na casa do Poio, un rival que tan só gañara un partido en toda a tempada. Sen embargo temos confianza plena no equipo, sabemos da calidade dos nosos xogadores e estamos seguros de que máis cedo ou máis tarde acadaremos o punto de regularidade que nos falta.

Aproveitaremos este parón para descansar, olvidarse deste regular arranque e voltar en Xaneiro a por todas dende o primeiro partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario