miércoles, 14 de diciembre de 2016

CRÓNICAS 10 - 11 DE DICIEMBRE

Mini xornada a desta pasada fin de semana na que so se disputaron dous encontros.
Por unha banda os Benxamíns caian con moita dignidade e dando a cara diante do lider destacado do grupo, o Tui Futsal. Por outra, os Xuvenís, desta volta en partido amigable, continuan coa súa racha positiva e encadean catro victorias consecutivas.




BENXAMÍN

TUI FUTSAL 4 - UNIÓN CARRASQUEIRA 1

Como diciamos moi bo partido dos benxamíns tan só empañado por dous graves erros na saída do balón que nos custaron encaixar dous goles nos primieros 5 minutos, feito que nos lastrou enormemente durante o resto do encontro. Pouco antes do descanso recibiamos o 3-0.

Na segunda metade o equipo mellorou moito en intensidade e sobre todo en defensa, e a pesar de recibir o 4-0 nunha boa xogada dos locais, conseguimos o gol da honra a poucos minutos para o final.

Balance positivo tendo en conta que visitabamos unha pista da que a maioria dos rivais saen cunha media de 10 goles en contra.

GOLES: Miguel.


XUVENIL

CABRAL 2 - UNIÓN F.S. 5

Continua o momento doce para o primeiro representante da nosa canteira que venceu en partido amigable a un dos rivais que se topará na competición de liga.

Ainda que foi nun partido de preparación, esta victoria (cuarta consecutiva entre competición oficial e partidos amigables) debe seguir dando folgos a un equipo que está indo de menos a máis a medida que avanza a tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario