jueves, 26 de enero de 2017

CRÓNICAS 21 - 22 DE XANEIRO

SENIOR PROVINCIAL

OS DO VAL 5 - UNIÓN F.S. 2

La imagen puede contener: una o varias personas, personas practicando deporte y cancha de básquet

Resultado enganoso nun partido bastante parexo no que se mantivo o empate ata case o final do partido.
Na primeira metade comezou marcando o equipo local aos 40 segundos na saída dun corner, sen embargo o noso bo xogo viuse recompensado co empate mediado o tempo regulamentario.

No segundo tempo pasou o mesmo. Tras un penalti moi riguroso Os do Val conseguiron recuperar a vantaxe no marcador ainda que na xogada seguinte conseguimos devolver as táboas ao marcador.
Foi faltando 6 minutos cando, tras un par de erros en defensa unidos a dúas decisións arbitrais controvertidas os locais elevaron a súa ventaxa ata o 4-2 que xa se fixo insalvable.

A falta de 10 segundos recibimos o 2-5 mediante un dobre penalti.
Bo partido ante un dos favoritos para gañar a liga.

GOLES: Camilo e Xandre.


SENIOR LOCAL

TEIS F.S. 5 - UNIÓN F.S. 6

Espectacular partido do filial que consigue impoñerse a un rival directo sobrepoñendose a un nefasto arranque e culminando na segunda metade unha remontada de moito mérito.

Na primeira metade non fomos nós mesmos. Entramos no xogo dun rival que gosta de correr e ahí claramente vémonos perxudicados recibindo 4 goles, algo impropio do equipo menos goleado da categoría.

Comezamos moi desenchufados e aos 10 minutos perdíamos por 2-0. Pese a conseguir acurtar distancias cedo, o Teis ampliaba a súa vantaxe nunha contra tras unha pérdida tonta en media pista.
Os cinco últimos minutos da primeria parte foron de tolemia. Primeiro conseguimos empatar tras dous roubos en zona alta rapidamente finalizados e case sobre a bocina os locais volvíanse adiantar grazas a un gran gol dende casi 15 metros.

Na segunda metade recuperamos a nosa identidade e o partido xogouse ao noso ritmo. Conseguimos o empate nada máis comezar e mostrando unha gran solidez defensiva aproveitamos dúas contras para poñernos 6-4 a falta de menos de 10 minutos para a conclusión.
O Teis empurrou nese treito final pero tan só foi quen de anotar un gol nun clamoroso erro defensivo en cadea pola nosa banda.

Gran partido no que a única pega son os cinco goles encaixados, fruto dunha mala primeira metade, pero que se compensan de sobra coa vitoria conseguida.

GOLES: Javi (4), Cabaleiro e Oscar.


XUVENIL

UNIÓN F.S. 3 - PAZOS DE BORBÉN 2


Os xuvenís voltan a senda da victoria tralo tropezo da semana pasada.

Nun partido con  alternativas comezaron gañando por 2-0 pero unha boa reacción do Pazos permitulles empatar o partido na segunda metade. Por sorte, pouco antes do final fomos quen de anotar o 3-2 e facer que os 3 puntos quedaran na casa.


GOLES: Sergio, Alex e Norberto.


BENXAMÍN

AMOR DE DIOS 6 - UNIÓN CARRASQUEIRA 3

Sen crónica disponible.


PREBENXAMÍN

ARAELONGA 0 - UNIÓN CARRASQUEIRA 4

Moi boa resposta a que deron os peques do clube nun partido que afrontabamos con moitas baixas e tivemos que disputar cun só troco ata case o descanso.
Sen embargo os rapaces dérono todo na pista ante un bo rival que puxo as cousas moi dificiles sobre todo nos dous primeiros cuartos que se resolveron case ao final.

Bo partido para seguir aprendendo e mellorando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario