miércoles, 21 de enero de 2015

CRÓNICAS 17- 18 DE XANEIRO

INFANTIL FEMENINO

UNIÓN F.S. 0- POIO 10


CADETE FEMININO

UNIÓN F.S. 0- POIO 9


CADETE MASCULINO

UNIÓN F.S. 6 - AMOR DE DIOS 0

Partido que non chegou a disputarse xa que o Amor de Dios non se presentou ao encontro na hora prevista.


XUVENIL

UNIÓN F.S. 4 - BEMBRIVE 7

Partido "típico" dos nosos xuvenís. Momentos desastrosos misturados con outros de bo xogo e moita intensidade. Sen embargo o partido estivo marcado polos 4 goles que recibimos nos primeiros 5 minutos de xogo. O equipo saiu á pista con varias marchas menos que o rival e recibimos os 4 goles da mesma forma: á contra. Demostrando que cando non estamos enchufados é oi doado facernos dano. Marchamos ao descanso perdendo 5-0.



Na segunda metade subimos a intensidade e viuse un partido bastante igualado. Fumos de menos a máis e, tras encaixar o sexto gol nunha xogada de estratexia, conseguimos facer 4 goles seguidos en apenas 6 minutos que nos meteron de novo no partido cando xa era tarde.



O mellor foi a forma na que o equipo non se rendeu en ningún momento e competiu o partido ata o final pese ao resultado.


SENIOR

UNIÓN F.S. 2 - TREBOADA 3

Unha mágoa a derrota do primeiro equipo ante o lider Treboada. Os visitantes fixeron un partido moi intelixente intentando contrarrestar o noso mellor fisico e a nosa xuventude e conseguírono, non sen dificultades.

Foi un partido moi igualado en todo momento, con poucas ocasións. O Treboada planteounos un partido distinto xa que foi o primeiro rival que nos atopamos que nos deu a pelota e se dedicou a defender na súa propia pista. Os nosos, sen espazos, non eran quen de atopar ocos hacía portería e o tentaban con disparos exteriores. O Treboada, agazapado, aproveitaba calquera ocasión para sair á contra e nos creaba bastante perigo.
Nos últimos minutos desta primeira metade os visitantes adiantábanse tras cazar Marcos un rexeite na nosa área.



A segunda parte non cambiou moito. Seguíamos dominando a posesión pero sen profundidade e o Treboada nunha contra facía o 0-2.
Tras solicitar un tempo morto e tentar buscar solucións á defensa pechada dos de Teis, o equipo seguíu tentándoo e tivo recompensa. Conseguimos o 1-2 arredor do minuto 15 nunha contra finalizada por Xaime, e no minuto 20 logramos empatar tras unha boa xogada individual de Xián.



Semellaba que os dous equipos nos conformábamos co empate e non queríamos perder nos últimos minutos un punto que era moi valioso para ambos, pero, de novo nuha xogada desafortunada tras varios rexeites o Treboada conseguía o definitivo 2-3 a falta dun minuto para a conclusión.

Tras catro meses sen coñecer a derrota podemos asegurar que se tiña que chegar, tiña que ser así: de maneira axustada e sen poder botarlle nada en cara ao equipo, que o deu todo na pista e fóra dela.
Toca erguerse e continuar como ata o de agora. Este equipo vale moito e ainda ten moito que demostrar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario