miércoles, 18 de noviembre de 2015

RESULTADOS E RESUMO FIN DE SEMANA

CATEGORÍA
RIVAL
DÍA
HORA
RESULTADO
 SENIOR          PROVINCIAL
MOAÑESES
SÁBADO  14
16.30
5 - 6
 SENIOR LOCAL
BAÍÑA
SÁBADO 14
16:30
5 - 3
 JUVENIL  A
PECHECHES
SÁBADO  14
10:00
1 - 1
 JUVENIL  B
QUINTA DE TUI
DOMINGO 15
12:00
1 - 6
 CADETE
CIOS VIGO
SÁBADO  14
13:00
1 - 5
PREBENJAMÍN
IES CORUXO
VIERNES 13
17:00
1 - 1


Esta pasada fin de semana non se saldou con resultados positivos para o clube. Salvo a vitoria do 
Senior Local e os empates do Xuvenil A e os Prebenxamíns o resto das categorías contaron os seus partidos por derrotas. Cousas do deporte que non nos deben impedir tirar tamén leturas positivas en cada un deses encontros a pesar do resultado.


PREBENXAMÍN

IES CORUXO 1 - UNIÓN F.S. 1

Os máis novos do clube sellaron táboas no seu encontro ante o IES Coruxo nun partido que se adiantou ao venres. 
Foi un partido moi bonito para os espectadores, con alternativas para os dous equipos e no que cecais merecimos algo máis, pero como vimos dicindo, iso non é o importante.
Ao final, empate nos dous primeiros cuartos, vitoria no terceiro e derrota no último que estableceu o definitivo 1-1 no marcador.


CADETE

CIOS VIGO 5 - UNIÓN F.S. 1

Os cadetes debutaban en competición oficial diante do Cios Vigo. A última hora, as baixas de varios xogadores fixeron que tiveramos que presentarnos ao encontro con cinco xogadores xustos e sen porteiro, o que mermou considerablemente as forzas do equipo.
Aínda así o equipo deu a cara e aguantou todo o que puido pese a non ter cambios no banco. Incluso logramos adiantarnos no marcador pero, ao final, a lóxica impúxose e o empuxe do Cios unido ao noso cansanzo fixo que foran caindo os goles pola banda local ata chegar ao 5-1 definitivo.

GOLES: Dani.


XUVENIL B

UNION F.S. 3 - QUINTA DE TUI 6

Bo partido en liñas xerais do filial xuvenil estropeado por uns primeiros 15 minutos nos que non estivemos no partido e encaixamos un parcial de 0-4 que nos lastrou durante os restantes 35 minutos.
Pero a partir de ahí, fomos superiores aos tudenses, sobre todo nunha gran segunda metade na que non encaixamos nengún gol e dominamos o partido por completo.
Unha mágoa, pero o importante é que o equipo experimentou unha melloría considerable con respecto ás anteriores xornadas.

GOLES: Lois, Samu, e Nico.


XUVENIL A

PECHECHES 1 - UNIÓN F.S. 1

O Xuvenil A pola súa banda atopouse co partido máis complicado do que levamos de tempada, e non foi pola calidade do contrario nin porque fora superior senón pola violencia mostrada pola súa parte durante os 50 minutos.
O partido en si non existiu. Os Pecheches adicábanse a pararnos con faltas, entradas feas, e incluso agresións co cal non puidemos desenvolver o noso habitual xogo fluido e combinativo. Aínda así, por ocasións fomos claramente superiores e xeramos oportunidades de sobra para levarnos a vitoria por goleada pero a boa actuación do cancerbeiro local, máis a nosa propia precipitación á hora de definir (motivada en gran parte pola actitude do rival que conseguiu sacarnos do partido) impediron que se movera o marcador.

GOLES: Javi.


SENIOR B

BAÍÑA 3-UNIÓN F.S. 5
(Pendiente de crónica)


SENIOR A

MOAÑESES 6 - UNIÓN F.S. 5

Enorme espectáculo de fútbol sala o vivido a tarde do Sábado do pavillón de O Rosal. Un partido que tivo de todo: goles,tensión, remontadas e un final axustado e moi emocionante. 

Comezamos o encontro un pouco durmidos e entre os minutos 2 e 4 recibimos 3 goles (un deles en propia meta) que facían presaxiar o peor. Pero o equipo recompúxose e logrou empatar en menos de 10 minutos con fases de xogo realmente brillante e algunhas accións individuais que xa tiñan que ir aparecendo.
Sen embargo, faltando 2 minutos para o descanso os locais lograban o 4-3.

O segundo tempo foi máis igualado e, sen chegar a ser un partido de ida e volta, si que foron sucedéndose os goles nunha e outra portería ata chegar aos ultimos 6 minutos con 6-4 no marcador.

Decidimos sair con porteiro xogador e tivemos ocasións de sobra incluso para gañar o partido. Faltando tres minutos logramos o 6-5 e aínda tivemos tempo de forzar dúas ocasións clarísimas máis nas que o gardameta local estivo fantastico e impediu que forzaramos o empate, que visto o visto no partido quizáis seria o máis xusto.

Bonito espectaculo en definitiva entre dous equipos que quixeron xogar a gañar en todo momento. Ogallá vivamos moitos partidos coma este durante o resto da tempada.

GOLES: Juli (2), Migui, Edgar, Miguel.



No hay comentarios:

Publicar un comentario