jueves, 4 de febrero de 2016

CRÓNICAS XORNADA 30- 31 DE XANEIRO


Espectacular fin de semana para o clube xa que se logrou vencer en todos os partidos que disputados na xornada.
A pesares de ter complicados compromisos e un par de desplazamentos bastantes lonxanos os nosos equipos deron ben a talla e brindáronnos unha boa fin de semana de fútbol sala.
A mágoa foi que tanto o equipo Cadete, que reanuda esta semana a competición, coma o Prebenxamín, que viu suspendido o seu encontro por inundación da pista de xogo, non xogaron e impediron un posible "pleno" que puido ser histórico para o clube.


PREBENXAMÍN

 A PAZ 03 - UNIÓN F.S.
(Suspendido por chuvia)


CADETE

O equipo Cadete rematou a semana pasada a fase de clasificación para a liga regular. Tras un comezo bastante dubidoso con un par de derrotas consecutivas os rapaces remataron collendo o pulso a competición e acadaron unha meritoria cuarta praza que nos da dereito a xogar en 1ª División Local, unha liga que vai ser moi igualada e disputada e na que seguro que aprenden e se divirten ao mesmo tempo.


XUVENIL B

UNIÓN F.S. 1 - BEADE B 0
(Sen crónica disponible)


XUVENIL A

TERRA DE MONTES 1 - UNIÓN F.S. 4

Complicado desplazamento tiña o primeiro equipo Xuvenil este Sábado a Forcarei. Máis saiu rentable e ademáis de disfrutar dunha gran xornada de convivencia entre xogadores, pais e adestradores, logramos traer os tres puntos para casa a base de bo xogo.


O partido comezou parello pero pouco a pouco foise decantando da nosa banda. Os locais non eran quen de superar a nosa presión e pasamos a ter case completamente a posesión e a acumular chegadas e ocasións.
Mediados os primeiros vintecinco minutos lograbamos poñernos por diante e, pese a gran cantidade de ocasións das que dispuxemos o marcador non se movería ata o descanso.


Non puidemos comezar pior a reanudación xa que aos dous minutos recibiamos o empate nunha das poucas ocasións claras das que dispuxera o Terra de Montes. Xa se sabe: quen perdoa acaba pagando.

O gol afectou ao equipo que tardou uns cantos minutos e volver a entrar no partido. Ata que no minuto 10 conseguiamos o 2-1 e tan só un par de minutos despois anotábamos o terceiro que nos deu certa tranquilidade para afrontar o final do encontro.


Nos últimos minutos, cando máis apertaban os locais xogando de 5, logramos o definitivo 1-4 nunha xogada de estratexia á saída dun corner.

Día redondo tanto no deportivo coma no humano.


GOLES: Javi(2), Sergio e Oscar.


SENIOR LOCAL

UNIÓN F.S 3 - VALLADARES B 1
(Sen crónica disponible)


SENIOR PROVINCIAL

CARRIL 9 - UNIÓN F.S. 13

Esperpéntico resultado o colleitado polo primeiro equipo no Salnés esta fin de semana. Motivado sobre todo por unha mala xestión dos últimos minutos nos que un exceso de relaxación case nos custa un partido que estivo gañado en todo momento dende a metade da primeira metade.

   

Arrancamos ben o encontro e aos tres minutos xa nos adiantaramos no marcador. Sen embargo o Carril reaccionou ben e foi quen de darlle a volta ao marcador arredor do minuto 10.
A partir daquí comezou o noso recital. Logramos 4 goles case consecutivos (2-5) froito dun xogo en ataque espetacular e pese a que o Carril volveu acurtar distancias, nos ultimos minutos materializamos dous tantos máis para ir ao descanso cun, parecía, case definitivo 3-7 ao noso favor.


Na segunda metade os locais non se rendiron e xogaron de 5 dende o saque inicial. Non foi problema nun principio, xa que na primeira xogada conseguimos roubar o balón a aumentar a nosa distancia pero aos poucos minutos o Carril reducia distancias outra vez.


E así transcurriu a segunda metade: intercambio de golpes con goles nas dúas porterías aínda que o partido seguía controlado polos nosos xa que en ningún momento a diferencia no marcador foi de menos de 5-6 goles. Ata que chegamos aos derradeiros 6 minutos.

    
Cunha renda de 6-12 ao noso favor, non soupemos xestionar e calmar o xogo neses minutos finais e recibimos 3 goles case consecutivos que nos fixeron volver a Vigo cun sabor agridoce pese a vitoria acadada.
Toca aprender dos erros pero tamén quedarse coas cousas que se fixeron ben que foron moitas.


GOLES: Xaime(4), Edgar(3), Tonio(2), Tato(2), Xian (2).

No hay comentarios:

Publicar un comentario