jueves, 25 de febrero de 2016

CRÓNICAS DA ÚLTIMA XORNADA


ATA PRONTO GERMÁN!!!!

Temos que comezar estas crónicas coa despedida dun xogador do primeiro equipo. Germán Otero, un dos fichaxes desta tempada marcha fóra do país por motivos de estudos.
Dende o clube desxámoslle toda a sorte do mundo e agardámos a súa volta cos brazos abertos.
Sorte compañeiro!!


PREBENXAMÍN

IES CORUXO 0 - UNIÓN CARRASQUEIRA 4



Gran partido dos peques que volveron gañar tras varias semanas sen poder facelo. A destacar que tamén voltamos deixar a portería a cero despois dunha fase de varios partidos nos que a excesiva confianza á hora de atacar custábanos recibir bastantes goles.
Gran traballo de tódolos rapaces que seguen a facer unha gran tempada.


CADETE

UNIÓN F.S. 3 - APÓSTOL 3
(Sen crónica disponible)
           

 



XUVENIL B

UNIÓN F.S. 1 - LEIS C 4

Horrible partido ante un rival bastante inferior, cousa que non se viu reflexada na pista.

Enfrontábamosnos a un rival directo, dos últimos clasificados da competición ao igual que nós e o lóxico tería sido facer un partido digno e, lonxe de gañar ou perder, polo menos competir, o que tampouco se fixo.

Pese a facer unha primeira metade "correcta" e marchar ao descanso con empate a 1 no marcador, a segunda parte foi un completo desastre. Sen ideas en ataque, con nula movilidade e permitindo contras a un rival que as aproveitou á perfección.

Nada positivo que sacar deste encontro. Moito que mellorar tanto deportivamente coma en actitude, pero con esforzo e traballo todo se pode facer.


XUVENIL A

REDONDELA 2 - UNIÓN F.S. 3



Tampouco foi bo o partido do Xuvenil A en Redondela. Nun escenario inmellorable (precioso quedou o novo pavillón dos redondeláns) logrouse a victoria máis por empuxe que por bo xogo.

Os dez primeiros minutos de partido son o tempo co que nos podemos quedar. O equipo saiu con actitude, mandando na pista e acumulando ocasións. Froito delo conseguimos poñernos por diante no marcador. Sen embargo, a partir do minuto 10 vímonos abaixo e os locais lograron o empate pouco antes do descanso, no medio dun total caos defensivo pola nosa banda.

   

A reanudación non puido comezar pior. No primeiro minuto recibíamos o 2-1 noutro erro defensivo clamoroso que aproveitou un xogador redondelán para marcar cun forte disparo cruzado dende 10 metros sen oposición.
Parecía que o partido íase complicar máis polas malas sensacións que daban os nosos, inacapaces de dar máis de 3 pases seguidos e con poucas ideas en ataque, pero contra todo pronóstico un libre directo transformado dende a frontal da área meteunos no partido e deixou aos locais un pouco tocados. Un par de minutos despois aproveitamos unha perda de balón perto da portería para facer o 2-3.

   

Téntouno o Redondela xogando de 5 nos últimos minutos pero os nosos, ben plantados, non lles deron opción e a piques estivemos de ampliar distancias nalgún que outro roubo que non soupemos finalizar.

   

Ao final, victoria lograda máis por calidade individual e por empuxe que por merecemento.

Aínda que a outra lectura posible é que este equipo comeza a gañar partidos ata xogando mal. Positivo? Só o tempo o dirá.


SENIOR LOCAL

UNIÓN F.S. 6 - TUI B 4 (Mini crónica)

Boa remontada nun partido que se puxo custa arriba moi cedo.
Comezouse perdendo por 0-2 pero unha extraordinaria reacción de todo o equipo fixo posible empatar antes do descanso e na segunda metade chegar a coller unha vantaxe de 6-3 no marcador.
Ao final os tudenses lograron recurtar distancias xogando de 5, pero non quedaba tempo para máis.

Destacar o papel determinante dos xuvenís que están subindo a xogar tódalas semanas. Sen a súa axuda sería todo máis complicado.


SENIOR PROVINCIAL

BAITRA BAIONA 6 - UNIÓN F.S. 1

Mal día tamén para o primeiro equipo en Baiona que non foi quen de doblegar a un rival superior, sobre todo na segunda metade.


A primeira parte non tivo moita historia. Xogo igualado ainda que eran os locais os que levaban o peso do partido. Nós defendiamos ben plantados e tentábamos sair rápido co balón e cazar algunha perda en pista contraria presionando moi arriba.

   

O Baitra adiantouse mediada a primeira metade nun rexeite dentro da área e conseguimos empatar aos poucos minutos cun disparo lonxano que tamén foi desviado por un defensor local.
Antes de rematar os primeiros 20 minutos os locais ainda dispuxeron de dous dobres penaltis (tolemia total do árbitro asubiando faltas inexistentes durante todo o partido) que por sorte ou por xustiza lanzaron por fora do marco de Joni.

   

Ata aquí todo ben, pero nada máis sair dos vestiarios na primeira xogada de ataque local encaixamos o 2-1 nun tremendo erro colectivo. E nos 4 minutos seguintes recibimos dous goles máis que case eran a sentencia xa que nin estabamos defendendo ben, nin en ataque conseguiamos xogar fluido e moito menos crear perigo na meta contraria. Un desastre total.

Así, foron pasando os minutos ata que a falta de 7 para o remate recibimos o quinto noutro erro imperdoable na presión.

Sacamos porteiro xogador e a pesar de conseguir moita profundiade e lograr meter varias veces o balón en liña de fondo, sempre faltaba alguén de cara ou no segundo pau para rematar a xogada.
En definitiva, un mal día en tódolos sentidos que rematou recibindo o sexto e definitivo tanto a porta baleira no unico balón que perdemos xogando de 5.


Toca levantar cabeza e voltar á boa senda de xogo e resultados que levábamos últimamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario