miércoles, 4 de marzo de 2015

CRÓNICAS 28 DE FEBREIRO - 1 DE MARZO

INFANTIL FEMININO

Descansou


CADETE FEMININO

UNIÓN F.S. 6 - PECHECHES 2

Partido sinxelo para as nosas cadetes que, sen forzar demasiado, forn que de superar con comodidade ao derradeiro clasificado.


CADETE MASCULINO

UNIÓN F.S. 1 - VIGO 2015 4

Cruel derrota ante un equipo dos chamados "camaleónicos" que, ao ter equipo en Liga Galega, dependendo da xornada na que te enfrontes a eles e se lles coincide o encontro, poden presentarse con equipos totalmente distintos. Esta vez viñan con todo.

A pesar diso plantámoslles cara e a pesares da súa superioridade técnica non lles resultou doado gañarnos. De feito con 1-0 e 2-0 no marcador dispuxemos de bastantes ocasión claras que puideron trocar o resultado final. A mala finalización, os paus, e o bo facer do porteiro rival fixérono imposible.

Toca seguir aprendendo.

GOLES: Pablo.


XUVENIL

MIRALBA "A" 3 - UNIÓN F.S. 7

Un dos mellores partidos dos nosos Xuvenís no que levamos de tempada. Moi superiores dende o comezo e tendo a puntería que nos viña faltando ata o de agora.


Pese a presión a toda a pista dos locais que nos incomodou ao principio, pouco a puco fixémonos donos do xogo e as oportunidades non tardaron en chegar. Chegamos ao descanso cunha vantaxe de 0-3 e, curiosamente, os tres goles en acción a balón parado. O primeiro nunha fermosa xogada de estratexia ao saque dunha falta, o segundo de libre directo, e o terceiro no último intre grazas a un lanzamento de 10 metros.

A segunda metade non puido comezar millor. De novo a balón parado, no saque dun córner, facíamos o 0-4 no primeiro minuto de xogo.
Visto que a victoria non corría demasiado perigo quixemos aproveitar o partido para practicar un pouco o porteiro xogador durante 10 minutos. O experimento non saíu e recibimos dous goles en sendas perdas de balón. Queda traballo por diante.


Volvendo ao xogo de 4 recuperamos o control do partido, e aínda que o Miralba chegou a acurtar distancias ata o 3-5, nos minutos finais finiquitábamos o partido con dous goles máis que facían xustiza ao visto na pista.

GOLES: Miki(2), Oscar(2), Javi, David e Ignacio.


SENIOR

TREBOADA 3 - UNIÓN F.S. 2

Increíble derrota do primeiro equipo nun partido que tiñamos ganado a falta de 3 minutos para a conclusión. A falta de concentración e unha pinga de mala fortuna neses minutos finais leváronnos a estragar o bo traballo feito durante todo o encontro.


Foi un partido igualado entre dous equipos que fan un xogo de moita calidade.
Non tardamos en recibir o primeiro gol. No minuto inicial un balón longo ás costas da defensa propiciou que o Treboada se adiantase. Neses primeiros compases non estivemos ben en defensa. Chegabamos tarde á presión e os locais dispuxeron de varias ocasións para ampliar a súa vantaxe.
Despois de solicitar un tempo morto o equipo reaccionou e, nada máis saltar á pista facíamos o empate. O resto da primeira metade foi totalmente nosa e puidemos incluso poñernos por diante.


A segunda metade foi máis equilibrada. Houbo ocasións para os dous equipos pero os paus e os dous porteiros evitaron que se movera o marcador.
Ata que faltando 3 minutos para a conclusión, nunha contra moi ben executada conseguíamos o 1-2.
Pero confiámonos e na seguinte xogada, tras un despiste organizativo bastante grave, o Treboada voltaba a por tablas no encontro.

Semellaba que o empate era o resultado máis xusto pero a falta de 1:30 para a conclusión nunha xogada desafortunada, Julián e Joni non se entenden á hora de despexar un balón e éste queda morto para que os locais fagan o terceiro a porta baleira.

Sacabamos porteiro xogador á desesperada e a pesar do pouco tempo que restaba, dispuxemos de dúas ocasións clarísimas que o porteiro dos de Teis foi quen de deter.

GOLES: Xandre e Julián.

No hay comentarios:

Publicar un comentario