miércoles, 8 de abril de 2015

SEMANA DE FOLGA 11- 12 DE ABRIL

Esta vindeira fin de semana paran tódalas competicións a nivel galego e doutras comunidades por mor da folga convocada polas distintas federacións. O motivo da folga é mostrar o rexitamento á nova lei do deporte que pretende equiparar fiscal e laboralmente os clubes amateurs cos clubes profesionais (S.A.D.`s) cos perxuizos ecónomicos que iso conlevaria e que pode levar, incluso, á desparición de moitos clubes coma o noso.

Centrándonos no deportivo, pola nosa banda descansan tódolos equipos agás o Senior que, visto o apretado do calendario e tendo xa un partido aprazado pendente de xogar, decidimos que adiantase o partido ao Venres. Será no pavillón de Chapela diante do Campito F.S. ás 22.30 H.

Agardamos facer un bo partido que nos permita seguir recuperando sensacións tras a última victoria.


En canto ao resto de equipos, seguirán traballando de cara aos compromisos da próxima semana.

INFANTIL FEMININO

Tras a última derrota diante do Cios Vigo encaran xa últimas xornadas de liga sen nengún obxectivo máis que seguir apredendo e preparar a copa que comeza no mes de Maio.

CADETE FEMININO

Gran victoria en Salceda por 0-6 no último encontro que nos fai chegar ás tres últimas xornadas con opcións de pelexar a segunda praza. Dificil máis non imposible.

CADETE MASCULINO

Tras acadar un empate moi traballado diante do Miralba (5-5) afrontamos a última xornada de liga sen máis obxectivo que recuperar sensacións de cara á Copa.



XUVENIL

Despois de realizar un dos peores partidos da tempada diante do Apostol A e sair derrotados por 2-0 intentaremos demostrar o noso verdadeiro nivel nas 8 xornadas que todavía restan para o remate da competición. Meterse en Copa está prácticamente imposibel (so clasifican os 4 primeiros), máis intentaremos pelexar por rematar o máis arriba posibel.


No hay comentarios:

Publicar un comentario