miércoles, 27 de abril de 2016

CRÓNICAS 23 - 24 DE ABRIL

PREBENXAMÍN

UNIÓN F.S. 3 - A PAZ O3 0



 
 

Os pequenos do clube recuperan a boa senda de resultados trala derrota na última xornada diante do Bouza Brey. Coa segunda praza xa asegurada tras unha tempada de debut espectacular, afrontamos os ultimos encontros coa vista xa posta na copetición de Copa que comeza proximamente.

  



CADETE

UNIÓN F.S. 1 - PAZOS DE BORBÉN 7

A segunda volta está resultando moi compricada para os Cadetes. A unha plantilla xa en principio moi curta, sumáronselle nas últimas datas un varias baixas máis que fan que leven xa varias xornadas acudindo a xogar sen nengún troco.

Este Domingo continuamos pagando as consecuencias.
O partido non tivo historia. Marchamos ao descanso perdendo 0-4 e na reanudación pouco había que facer.
Recibimos dous goles máis nos primeiros minutos e, aínda que logramos reducir distancias tras un saque de esquina, non logramos evitar que os visitantes redondearan o marcador a escasos minutos para a conclusión.

Toca recuperar ao equipo e tentar facer algunha incorporación de cara a á Copa que comezará nas próximas semanas.


XUVENIL B

VALLADARES 8 - UNIÓN F.S. 1

Partido camaleónico do filial Xuvenil, que non mereceu tal castigo coma reflexa o marcador.
Aínda así a derrota fragouse nunha primeira metade tirada ó lixo dendeo pitido inicial.
Unha falta total de actitude e de gañas fixo que o Valladares fose quen de xogar as súas anchas, anotando un gol tras outro ante a unha pasividade defensiva total ata chegar ao descanso cun marcador de 5-0.

Sen embargo na segunda metade o partido mudou completamente. O equipo saiu a competir e lle puxo as ganas coas que se debe ir a un partido.
Aínda que pareza o contrario polo resultado final, o equipo dominou o partido neses segundos 25 minutos e gozou de numerosas ocasións para recurtar distancias, sen embargo faltou sorte. A mágoa foi que ese traballo ben feito viuse estragado con 3 goles dos locais nos últimos cinco minutos. Entre medias, conseguimos polo menos anotar o gol da honra, escaso premio para unha gran segunda metade.

GOLES: Lucas.


XUVENIL A

UNIÓN F.S. 2 - CABRAL 4


Ao igual que lles sucede aos Cadetes a tempada estase a facer moi longa para unha plantilla bastante xusta que ten que tirar de canteira para completar as convocatorias tódalas semanas.
Aínda con todo non é excusa para xustificar o mal momento polo que pasamos. Mal momento en canto a xogo, resultados pero sobre todo a sensacións.

O partido foi moi igualado e decidiuse en detalles. O Cabral adiantouse no marcador mediada a primeira metade e, pese a que non tardamos en marcar o gol do empate e desfrutamos de numerosas ocasións para pornos por diante, nun corner a falta de dous minutos para o descanso recibimos o 1-2.

 
 

Na segunda parte tivemos máis o balón e seguimos desfurtando das ocasións máis claras pero volvemos demostrar unha falta de acerto alarmante.
E cando parecía que o empate no tardaría en chegar o Cabral logrou o 1-3 nunha xogada illada. O golpe foi duro e decidimos tentalo con porteiro xogador.

 

Nunha das primeiras xogadas conseguimos reducir distancias outra vez e meternos de novo no partido. Quedaban case dez minutos por diante e non soupemos manter a calma. Comezamos a precipitarnos nos pases e a querer chegar arriba demasiado rápido. Aínda así disfrutaos de u  par de ocasións moi claras para empatar xeradas máis por empuxe que por outra cousa nas que si que podemos decir que nos faltou a fortuna que nos acompañou noutros partidos.

Co partido case rematado os visitantes aproveitaron un clamoroso erro na nosa saída de balón para anotar o 2-4 definitivo.

Quedan dous partidos para rematar a liga e de seguro que os rapaces van botar o resto para voltar ser o equipo que leva toda a tempada marabillándonos.


GOLES: Manel e 1 en propia porta.


SENIOR LOCAL

UNIÓN F.S. 7 - BAÍÑA 0

Suma e sigue o noso Senior Local na Copa. Victoria contundente ante o filial do Baiña por 8 goles a 0. 3 puntos que afianzan os nosos no segundo posto na taboa clasificatoria con 9 puntos a falta de 3 xornadas para que remate esta liguiña de clasificacion.

O abultado do resultado demostra o bo encontro realizado polo Union, que foi superior o longo dos 50 minutos, ante un rival que inquietou pouco o noso gardameta Sergio, que a pesar do pouco traballo estivo acertado nas chegadas con perigo que tiveron os de Baiona sobre todo no segundo tempo.

 
 

Na vindeira fin de semana visitamos o Valladares K, lider invicto, que suma os seus encontros por victorias. Polo tanto partido apaixoante o que nos espera.


GOLEADORES: 2 Javi, 2 David, Tizon, Barra e 1 en propia meta.


SENIOR PROVINCIAL

UNIÓN F.S. 3 - ABETOS "B" 4


Bo partido do primeiro equipo a pesar da derrota o que se xogou este Sábado na pista de Frontón.
Aínda que fomos todo o tempo a remolque en ningún momento se lle perdeu a cara ao encontro e mantivemos as opcións de puntuar ata o final.

 
 

A primeira metade foi un correcalles.Comezou adiantándose o Abetos e o empate non se fixo agardar.
Mediados os primeiros 20 minutos os visitantes conseguiron ampliar a sua renda ata o 1-3. Volvemos recurtar distancias e nos últimos minutos dous goles máis de ambos equipos fixeron o 3-4 que, á postre resultaría definitivo.

 

Pese a non logar ningún gol, a segunda metade foi claramente dominada polos nosos que dispuxeron de ocasións máis que de sobra para empatar ou incluso para levar a vitoria, pero unhas veces a falta de acerto e outras as boas intervencións do porteiro dos de Gondomar impedírono.


Sabor agridoce por un lado pola derrota pero por outro polo bo xogo desplegado. Esta é a liña a seguir.

GOLES: Cabaleiro, Xián e 1 en propia porta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario