miércoles, 8 de febrero de 2017

CRÓNICAS 4 - 5 DE FEBREIRO



SENIOR PROVINCIAL

UNIÓN F.S. 0 - FORCAREI 5

Pese ao que poida indicar o resultado hai que darlle moito mérito ao feito polo primeiro equipo este Sábado en Candeán. Enfróntabamonos ao lider Forcarei plagados de baixas e para colmo, perdemos tamén a Nacho media hora antes do comezo e a Camilo aos dous minutos de encontro por lesión, polo que tivemos que remar durante todo o partido con tan só un troco no banco.
E sen embargo os seis guerreiros que quedaron sobre a pista dérono todo durante os 38 minutos restantes. Plantáronlle cara a un rival superior aguantando un resultado axustado de 0-2 ata os derradeiros 6 minutos e incluso disfrutando de ocasións claras de perigo.

En resumo, un día para estar orgulloso de todos e cada un dos xogadores que participaron no partido pese á derrota.


BENJAMÍN

UNIÓN CARRASQUEIRA - COLEGIO ALBA

Suspendido por goteras

VIGO 2015 3 - UNIÓN CARRASQUEIRA 1 (Aprazado)

Ao igual que o primeiro equipo os benxamíns acudían a disputar o encontro que tiñan aprazado diante do Vigo 2015 sen ningún cambio o que influiu claramente no resultado final.
Nunha igualada primeira metade o Vigo 2015 logrou tomar vantaxe ao aproveitar unha contra tras un saque de esquina defectuoso á nosa prol.

Na segunda metade o cansancio xa fixo mella nos nosos que recibían o 2-0 e, a pesar de recurtar distancias non foron quen de evitar o definitivo 3-1 nos últimos minutos.


PREBENXAMÍN

SJG SAN JOSÉ 0 - UNIÓN CARRASQUEIRA 4

Tralas dúas últimas semanas nas que se sufriu o indecible, xa tocaba ter un partido relativamente tranquilo. E dicimos relativamente xa que no primeiro cuarto custuonos topar o gol e non o logramos ata que restaban 10 segundos para a conclusión.
Pero foi un espellismo. No segundo cuarto xa vencemos por un claro 4-0 e o terceiro e máis o derradeiro discurriron da mesma maneira.

Esta victoria serve para anecdóticamente, colocarnos líderes na clasificación xa que o Vigosporting conta con dous partidos menos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario