miércoles, 22 de febrero de 2017

CRÓNICAS 18 - 19 DE FEBREIRO



SENIOR PROVINCIAL

PELUQUERÍA FUSIÓN 3 - UNIÓN F.S. 3

Chegaba o noso sénior Provincial a esta xornada coa lastra de sumar 4 derrotas consecutivas, polo que facíase imprescindible colleitar un bo resultado ante un rival directo na loita pola permanencia.

Non comenzaban as cousas para os nosos xa que na primeira chegada do Peluquería Fusión adiantábase no electrónico. Pero o contrario que noutros encontros, os de Ángel Fernández reaccionaron ben, adueñáronse do balón e comenzaron a chegar as ocasións e con elo os goles.
O empate a un sería obra de Cris e o 1-2 sería obra de Xandre despois de aproveitar un bo lanzamento de falta executado por un dos mellores  neste partido, Nacho. Con esta mínima ventaxe chegábamos o tempo de lecer.

Na reanudación os nosos saldrían un tanto relaxados e isto provocou os mellores minutos dos locais, ata o punto de empatar o partido. Tras un tempo morto solicitado polo noso adestrador, o Unión voltou coller as rendas do partido e a crear ocasións claras de gol, pero entre o gardameta marinense (un dos mellores do seu equipo) e a falta de puntería noutros casos, privaban os vigueses de poñerse por diante no marcador. Situación que aproveitaron os locais para lograr o 3-2 inmerecidamente, obrigándonos nos 2 últimos minutos a xogar de 5. Ata a falta de 48 segundos Alex lograba empatar o encontro.
1 punto que sabe a pouco tralo visto na pista de Sequelo, pero serve para romper unha dinámica negativa de 4 derrotas consecutivas.

A próxima xornada visítanos o Red Blue Vigo 2015, derbi que deberá quedarse na casa para seguir alonxándose dos postos perigosos.

GOLEADORES: Cris, Xandre e Alex.


SENIOR LOCAL

La imagen puede contener: una o varias personas, personas practicando deporte y cancha de básquet

BAÍÑA B 6 - UNIÓN F.S. 3

Mal partido do filial diante dun dos equipos da zona baixa maracado dende o comezo polo hándicap de acudir sen porteiro, o que sen dúbida influiu enormemente no desenvolvemento do partido e no marcador final.
Esta circunstancia fixo que nos primeiros 10 minutos encaixaramos tres goles que foron unha losa insalvable ata o final. Xa que, por xogo, fomos moi superiores durante os 40 minutos restantes. De feito a primeira metade foi un continuo ataque pola nosa banda que só foi que quen de parar o porteiro baionense.

A segunda metade non puido arrancar peor xa que aos dosus minutos encaixabamos o 4-0 noutra contra dos locais.
Dende ese momento xogamos con porteiro xogador e seguimos dominando o encontro pero, a pesar de coneguir reducir a vantaxe local ata o 4-2, non fomos que de evitar o 5-2 nunha xogada aillada.
O 5-3 chegou a falta de 5 minutos para o final e dábanos esperanzas de acadar cando menos o empate, pero sen embargo foi o Baíña o que matou o partido a porta baleira nunha perda no xogo de 5.

Unha mágoa perder un partido sendo tan superiores en xogo, pero hai que ter en conta as circunstancias nas que acudíamos e sobre todo hai que felicitar aos xogadores polo seu esforzo e en especial a Raúl por ter a valentía de poñerse en portería.

GOLES: Javi, Tato e David.


XUVENIL

BEADE C 1 - UNIÓN F.S.

Sen crónica disponible.


BENXAMÍN

BAÍÑA 9 - UNIÓN CARRASQUEIRA 0

Partido sen historia coma ben reflexa o resultado. Acudimos sen trocos, o que unido a unha mala sorte total de cara a gol fixeron posible o desenlace do encontro.

UNIÓN CARRASQUEIRA 2 - COLEGIO ALBA 5 (APLAZADO)

Moita mellor cara deu o equipo o Domingo xa con moitos efectivos recuperados no partido aprazado diante dun dos mellores equipos do grupo.
Pese á derrota estivemos á altura do rival, en todo momento estivemos a un ou dous goles como máximo no marcador e demos pelexa diante dun rival moi potente que sen dúbida estará arriba a final de tempada.

PREBENXAMÍN

VIGO SPORTING 3 - UNIÓN CARRASQUEIRA 0

Un dos mellores partidos da tempada diante do todopoderoso e imbatido lider do grupo.
Tan só a mala sorte, sobre todo no primeiro e no último cuarto que se saldou con empate impediu que alo menos foramos o primeiro equipo en conseguir gañarlle un cuarto a este equipo.
Bo partido dos que de verdade serven aos rapaces para aprender e mellorar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario