miércoles, 8 de marzo de 2017

CRÓNICAS 4 - 5 DE MARZO


SENIOR LOCAL

UNIÓN F. S. 2 - CAMPITO "B" 5

Partido marcado pola cantidade de baixas que fomos sufrindo durante toda a semana o que desembocou que nos presentaramos con tan só dous trocos no banco e co Xuvenil Manel baixo paus malia non ser o seu posto.

Coma non podía ser doutra maneira o resultado final foi unha derrota que non deixa tan mal sabor de boca pola maneira na que se produxo e tendo en conta a complicación do envite ante o líder da categoría.
O equipo pelexou e non deu o partido por perdido ata os últimos minutos nos que o Campito anotou o 5-2 definitivo.

Boa actuación e mellor copromiso o demostrado por uns xogadores que sempre saben estar á altura das circunstancias.

GOLES: Propia porta e Manel.


XUVENIL

TUI FUTSAL 4 - UNIÓN F.S. 1

Partido igualado diante do lider e que se decidiu en dous minutos preto do final.

Tras unha primeira metade moi disputada chegouse ao descanso cun resultado de 2-1 en contra que deixaba todo aberto. A igualdade continuou na segunda metade ata que a falta de 5 minutos os locais lograban 2 goles consecutivos que facían case imposible a remontada.
A pesar de tentalo con porteiro xogador neses últimos minutos o que acabou por chegar foi o cuarto gol dos tudenses para pechar un partido no que, pese ao marcador final, tivemos as nosas opcións.

GOLES: Lois.



BENXAMÍN

ED FLEMING 0 - UNIÓN CARRASQUEIRA 2

Primeira victoria dos Benxamíns en liga regular que xa facía falta para levantar a moral a uns rapaces que non viñan vendo reflexados os seus esforzos en resultados positivos.
Agrademos que sexa a primeira de muitas.

GOLES: Alejandro e Hugo.


PREBENXAMÍN

UNIÓN CARRASQUEIRA 4 - DON BOSCO 0

Partido sen historia diante dun rival da parte baixa e do que non podemos sacar muitas conclusións.
Boa ocasión para que os menos habituais na faceta goleadora tiveran as súas opcións, algún deles con gran éxito.


No hay comentarios:

Publicar un comentario