miércoles, 3 de diciembre de 2014

CRÓNICA JUVENIL

AMADEUS TUI 1 - UNIÓN F.S. 3

Victoria importante para a moral do equipo Xuvenil trala mala imaxe dada a pasada semana. Aínda que a victoria foi sufrida e o xogo ten moitísimo que mellorar se queremos ser un equipo competitivo.



O partido foi moi disputado. Os dous equipos apostando polo ataque pero mostrando bastantes 
carencias defensivas. As perdas de balón tamén eran constantes e isto deu lugar a un encontro de ida e volta no que as ocasións se sucedían en ambas porterías.
Sen embargo debemos recoñecer que na primeira metade os tudenses foron lixeiramente superiores. Froito delo, lograron adiantarse cun bo disparo á saída dun córner. 
Non foi ata o último minuto cando logramos empatar gracias a un gran disparo cruzado de Oscar tras unha boa saída de presión entre Alberto e Miguel.

O empate fíxonos afrontar a segunda metade máis tranquilos e tras uns primeiros minutos de dominio local conseguimos ter un pouco máis a pelota e poñernos por diante cun gran gol de Javi.

O partido seguía igualado e os locais dispuxeron de un par de boas ocasións nas que Adri estivo moi seguro. A falta de 5 minutos o Tui cometía a sexta falta na forntal da súa área e Oscar non perdoou no lanzamento sen barreira.




Neses derradeiros intres decidimos baixar a presión e comezar a defender en media pista, co que conseguimos manter o balón lonxe da nosa área e non darlle opcións aos locais de acercarse no marcador.

Victoria sufrida que demostra que este equipo "nin a semana pasada era tan malo nin esta é tan bó". Agora temos unha seria de partidos contra rivais da "nosa liga" nos que debemos mostrar o que realmente valemos e como sabemos xogar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario