viernes, 20 de mayo de 2016

ACTUALIDADE DO CLUBE E ÚLTIMOS ENCONTROS

Topámonos nunhas semanas un tanto atípicas nas que a meirande parte dos nosos equipos non tiveron actividade .

Na última semana tan só xogou a categoría Cadete xa que o outro equipo que tiña partido programado, o Senior Local, viu suspendido o seu encontro ante a retirada do seu rival, o Ureca.

A continuación faremos un breve repaso a actualidade de cada unha das categorías.


PREBENXAMÍN


Tras caer eliminados na primeira eliminatoria de Copa e levar dúas semanas xa de descanso este Domingo volven atoparse co balón no torneo "Deporte na Rúa" organizado pola Asociación de Clubes de Vigo en colaboración co Concello. Será un bonito día para disfrutar do fútbol sala nun marco incomparable coma a rúa Areal, agardemos que nos acompañe o bo tempo.


CADETE


Os cadetes xogaron a fin de semana pasada o seu derradeiro encontro de liga ante o Randufe, xa sen nada en xogo. O resultado foi de empate a 3 goles nun partido bastante frouxo no que ao final puido pasar calquera cousa.

De momento tócalles descansar ata que comencen os torneos de verán, aínde que seguro xogarán algún amigable antes desas datas.


XUVENIL B


Despois dunha moi mala tempada o Xuvenil B xa leva dúas semanas de descanso preparando os futuros torneos de verán.


XUVENIL A


Despois dunha semana de descanso e coa cuarta praza acadada na liga, tócanos enfrontarnos esta semana en oitavos de final de Copa ante o Valladares, sexto clasificado do grupo B.

O descanso facíalle falta a este grupo tras unha temporada moi esixente cunha plantilla moi curta na que os rapaces fixeron un papel espectacular, sobre todo no tramo medio de competición chegando a encadear 11 victorias consecutivas e máis dunha volta enteira sen coñecer a derrota.

Agardemos que nos respeten as lesións e poder facer tan bo papel, ou millor, nesta Copa coma o que fixemos na liga.


SENIOR LOCAL


O filial Senior cumpliu o obxectivo de meterse en semifinais da Copa tras a renuncia do Ureca a xogar o último partido, dándonos o partido gañado por un resultado de 6-0 coma estipula o regulamento.

Esta semana toca descanso e para a que ven o partido de ida diante do pior rival posible: o Valladares Z, primeiro clasificado na liguiña.


SENIOR PROVINCIAL


O primeiro equipo xa rematou a competición de liga hai 2 semanas pero aínda debe descansar unha semana máis para debutar na Copa. O motivo é que o sorteo quixo que quedaramos exentos desta eliminatoria e pasáramos directos aos cuartos de final que se disputan a semana que ven.
O rival será o Cesures, un duro adversario que xa foi quen de impoñerse nos dous encontros nos que nos enfrontamos esta tempada.

Agardamos recuperar o maior número de lesionados posible para afrontar a eliminatoria con garantías.


No hay comentarios:

Publicar un comentario