miércoles, 4 de mayo de 2016

CRÓNICAS 30 DE ABRIL - 1 DE MAIO

SENIOR PROVINCIAL

VALLADARES 7 - UNIÓN F.S. 1


Resultado moi engañoso do noso Senior Provincial que chegaba con moitas baixas para este encontro ante o lider da categoria, o Valadares. Ainda asi os nosos plantaron cara o longo do primeiro tempo, onde chegaron o remate dos primeiros 20 minutos con empate a un gol, obra do noso capitan Cristóbal.

  

Na segunda metade ata o minuto 5 aguantarian ben as acometidas rivais, pero en apenas 3 minutos chegaron as desgracias. Primeiro en goles encaixados, 3 exactamente, e despois en forma de lesións, as dos nosos xogadores Joni e Cristóbal que tiveron que abandoar a pista antes de tempo e desta forma o equipo veuse obrigado a xogar máis de 10 minutos con Xian (xogador de pista) coma porteiro, facendo xogar o equipo de 5 e encaixando 3 goles mais e poñendo o 7-1 definitivo.

  

Segunda parte para olvidar en tódolos sentidos, xa que os nosos sufriron un duro varapalo. Toca unha semana onde recuperar os lesionados e tamen coñecer o alcance das lesions de Joni e Cristóbal.

GOLEADOR: Cristóbal


SENIOR LOCAL

UNIÓN F.S. 2 - VALLADARES Z 8


Partido clave para os nosos nas súas aspiracións de lograr un dos 4 postos que dan dereito a xogar as semifinais da Copa.
Enfrontabamonos o lider o Valadares, coa inclusion do cadete Rios, quen disfrutaria de moitos minutos ao longo do encontro, pero as cousas poñerianse mal nos primeiros 10 minutos onde os locais pondrianse 4-0 no electrónico.

  

Un mal inicio ante un Valadares máis enchufado provocaría que os locais en 5 chegadas conqueriran 4 goles. O noso técnico pediría un tempo morto para intentar cambiar un pouco este mal inicio e de ahí ata o remate do primeiro tempo, mellorarian un pouco máis a pesar de encaixar un quinto gol os nosos. Co 5-0 ibamos o vestiario, e con isto chegaria unha notable melloria dos nosos no segundo acto.

  
  

Un gol nos primeiros minutos en propia meta e outro de Villa púñanos cun 5-2, e un pequeno vaticino de remontada, pero o Valadares reaccionou e comenzou a crear perigo, pero Sergio con varias paradas de mérito intentou manter vivos os seus e asi provocar xogar de 5, cousa que non deu resultado xa que en 2 minutos os locais farian 2 goles que porían o 7-2 no marcador.


Nos derradeiros segundos cos nosos a desesperada chegaria o 8-2 definitivo, demasiado castigo provocado por uns primeiros malos 10 minutos. Quedan 2 xornadas para rematar esta liguiña e a vindeira xornada recibiremos o Exclusivas Medina, segundo clasificado con 12 puntos. Os nosos agora son cuartos con 9.

GOLEADORES: 1 propia meta e 1 Villa


XUVENIL A

E.D. MARÍN 0 - UNIÓN F.S. 4


Voltamos á senda dos bos resultados e de que maneira, cun xogo realmente brillante e facendo pequeno a un rival en auxe que viña facendo unhas últimas xornadas de moito mérito. Tivemos o partido controlado en todo momento e o resultado quedou moi curto para os méritos que fixemos e as ocasións que xeramos ao longo dos 50 minutos.

Non puidemos comezar mellor. Aos cinco segundos xa nos adiantamos tras unha moi boa presión e unha finalización rápida e nos seguintes minutos tivemos ocasións máis que de sobra para marchar ao descanso cunha renta de 5 o ou 6 goles polo menos. Pero a pelota non quixo entrar ata o minuto 20 no que lograbamos o 0-2 nunha xogada de estratexia.

  
  

Aos cinco minutos da reanudación conseguimos o terceiro nunha xogada preciosa de combinacións ao primeiro toque e, a partir de ahí, soupemos ler o partido e manter a nosa renda. O Marín estirouse un pouco nunha reacción máis de orgullo que de bo xogo pero non tivo nada que facer ante a nosa máis que boa intensidade defensiva.

A falta de 3 minutos finiquitamos o partido co 0-4 nunha contra culminada ao segundo pao tras unha recuperación de balón en pista contraria.

  

Victoria tan merecida coma necesaria que nos fai recuperar sensacións e sobre todo moita confianza en nós mesmos.

GOLES: Javi (3) e David.


XUVENIL B

UNIÓN F.S. 2 - TOMIÑO 2
(Sen crónica disponible)


CADETE

UNIÓN F.S. 3 - CAMPITO 4

Partido camaleónico no que o resultado non reflicte o bo xogo dos nosos cadetes.

Empezamos na primeira parte facendo unha boa defensa en zona e nos centramos en realizar contras ou saques rápidos do porteiro, buscando realizar a maior cantidade de ocasións. Gracias a iso conseguimos adiantarnos aos 10 minutos de xogo, pero unha moi boa reacción do Campito fíxonos recibir dous goles en contra, un no minuto 16 e outro no 18.

Na segunda metade comenzamos igual  que rematamos a primeira e no minuto 4 recibimos o 1-3. Despois disto o equipo deu todo o que lle quedaba  e con ese esforzo fumos quen de igualar o partido a tres. Os goles chegaron nos minutos 13 e 16.
Pero xusto ao final, cando quedaban 5 minutos para a conclusión Alex recibía un forte golpe que o sacab do partido. Despois do parón pola lesión encaixamos o  cuarto gol tras un saque de banda mal defendido.
Nos poucos minutos que quedaban o equipo tentouno por tódolos medios pero a sorte non estaba da nosa banda este Domingo.

Agora toca pensar no seguinte partido para seguir tendo opcións de clasificarse para a Copa.

GOLES: Santi 2 e Alex.


PREBENXAMÍN

MIRALBA 0 - UNIÓN CARRASQUEIRA 2
(Sen crónica disponible)

No hay comentarios:

Publicar un comentario