miércoles, 25 de mayo de 2016

RESULTADOS E CRÓNICAS

XUVENIL A

VALLADARES 5 - UNIÓN F.S. 7

Comezabamos a nosa andadura na competición de Copa que se disputa por sistema de eliminatorias a partido único. O rival era o sexto clasificado do grupo B, o Valladares e o partido foi un calco do que veñen sendo os últimos partidos do equipo.


A primeira metade foi espectacular. Adiantámonos aos poucos minutos do comezo e a nosa superioridade era aplastante, chegando a acadar unha vantaxe de 6-1 no marcador cando restaban uns 5 minutos para o intermedio. 

 
 

Sen embargo, recibimos o 6-2 e a falta de 30 segundos para o descanso chegou a xogada clave para o posterior desenvolvemento do partido. O árbitro sinalaba un claro penalti ao noso favor, sen embargo o porteiro local foi quen de detelo e de montar unha contra cun balón longo que rematou no 6-3, xusto no intre en que se sinalaba o camiño dos vestiarios. 
Xogada clave xa que pasamos da posibilidade de marchar ao descanso con ventaxa por 7-2 a marchar cun 6-3 que ainda deixaba algunha esperanza ao Valladares de cara a segunda metade.

 

E así foi. Os locais confiaron nas súas posibilidades o que, unido a un exceso de relaxación e unha alarmante falta de acerto de cara ao gol pola nosa banda, fixo que se chegase aos últimos minutos cun inesperado (tralo visto na primeira metade) 6-5 no electrónico.

Sen embargo hai que felicitar aos xogadores porque nese momento souperon ler ben o partido e aguantar o balón sen darlle máis posibilidades de gol a un equipo ao que eramos claramente superiores. Así, xogando con tranquilidade e confianza en nós mesmos chegou o definitivo 7-5 a falta dun par de minutos para o asubio final.

 

Destacar o debut goleador de Andrés, Cadete de 1º ano que está a facer unha grandísima tempada e que xa fora convocado nalgun outro partido . Neste, tivo a sorte de estrearse de cara a porta.

Logramos a clasificación para cuartos, onde nos agarda un rival que coñecemos de sobra e que xa nos puxo as cousas moi dificiles en liga, o Ancora D´ouro. Os marinenses veñen de eliminar a un gran equipo, o Vigo 2015 do grupo B e de seguro que afrontan o partido con moitas ganas e ilusión. Se somos nós mesmos e conseguimos superar ou simplemente igualar a súas ganas e ilusión teremos pé e medio nas semifinais. 
Nas nosas mans está...

ÁNIMO RAPACES!!! 1,2,3....UNIÓN!!!

GOLES: Javi (2), Ríos (2), David, Oscar e Andrés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario