jueves, 17 de noviembre de 2016

CRÓNICAS 12 - 13 DE NOVEMBRO


PREBENXAMÍN

U.D. MOS 0 - UNIÓN CARRASQUEIRA 3

Siguen na súa liña os máis cativos. Dando alegrías a pais, adestradores e aficionados e facendo un xogo por momentos espectacular.
De tódolos xeitos debemos manter os pes na terra xa que no vindeiro partido enfrontámonos ao VigoSporting, actual líder imbatido. Pase o que pase, o importante é que os rapaces se divirtan e aprendan o máximo.


BENXAMÍN

MARISTAS "A" 5 - UNIÓN CARRASQUEIRA 3

Enorme esforzo por parte de tódolos xogadores ante un dos favoritos do grupo nun partido tolo no que puido pasar de todo. Acudíamos ao encontro con moitas baixas polo que houbo que tirar de dous xogadores prebenxamíns para completar a convocatoria.

Os primeiros minutos foron un desastre e como consecuencia recibimos 3 goles que nos penalizaron enormemente no posterior desenvolvemento do encontro.
Pouco a pouco fomos entrendo no partido e sen embargo, cando mellor estabamos a xogar recibimos o 4-0.

No segundo tempo o panorama mudou totalmente. Continuamos coa liña de bo xogo dos últimos minutos da primeira metade e recurtamos distancias ata o 4-2.
O Maristas non tardou en ampliar a súa ventaxa ata o 5-2 restando ainda máis de 10 minutos por disputarse, nos que os nosos acorralaron totalmente a un rival que xa acusaba o cansanzo debido á ausencia de banquillo.
Por mágoa e a pesar de crear moitas e moi claras ocasións só puidemos anotar un gol máis que poñia o definitivo 5-3 no marcador.

O equipo comeza a crecer, con tempo e paciencia pódeno facer moi ben esta tempada.

GOLES: Martín (2) e Mateo.


XUVENIL

UNIÓN F.S. 0 - E.D. MARÍN 3

Non foi mal partido en liñas xerais o disputado este domingo en Valladares. Sen embargo, a diferenza estivo no acerto de cara a gol. O Marín tivo catro ocasións claras e marcou 3. Nós, a pesar de tampouco facer un caudal ofensivo brillante, tamén tivemos as nosas pero cústanos moito facer gol.

A primeira metade foi moi igualada. Os visitantes cedéronnos a posesión e diante do noso escaso perigo ofensivo aproveitaban para roubar e sair á contra.
Nun saque de banda mediado este primeiro tempo encaixábamos o 0-1 co se chegaría ao descanso.

Na segunda metade os marinenses pecháronse todavía máis na súa propia pista e a nosa inaptitude total para superar a súa defensa púxose de manifesto.
Para máis desgracia, faltando pouco máis de cinco minutos para o final encaixamos o 0-2 en propia porta, nun dos escasos achegamentos visitantes á nosa área.
Xa á desesperada e con porteiro xogador recibiamos o 0-3 na última xogada do encontro.

Marcador demasiado abultado, pero tampouco se poden poñer pegas á victoria do Marín. Non fomos quen de traducir en goles o noso dominio da posesión e neso temos que traballar a partir de agora.


SENIOR LOCAL

QUINTA DE TUI "B" 3 - UNIÓN F.S. 2

O Senior local desprazábase a Tui coa moral ben alta polo recordo do gran partido realizado a pasada semana a pesar do inxusto do resultado.

O equipo saíu ben plantado e dispuxo de varias ocasións para marcar. Pero a pesar do do noso dominio foron os locais os que no minuto 15 os que se adiantaron no marcador.
Os nosos, en lugar de virse abaixo, pronto acadaron o empate tras unha gran xogada colectiva. Co empate a un gol chegabamos ao descanso.

A segunda metade comezou da misma maneira. Boa presión en defensa e xerando ocasións, pero seguimos fallando demasiado de cara a gol. O Quinta limitábase a xogar co seu pívot, o seu único perigo, que cunha gran xogada individual aproveitaba para adiantar de novo ao seu equipo.

Restando 5 minutos para a conclusión pedimos un tempo morto para sair con porteiro xogador coa intención de rascar polo menos un punto. Sen embargo nun erro de entendemento entre dous dos nosos xogadores chegaba o 3-1. Sen nada que perder decidimos seguir arriscando co porteiro xogador pero non deu tempo máis que para acurtar distancias anontando o definitivo 3-2.

Destacar o gran traballo de Alberto, capitán do equipo Xuvenil que se fixo cargo da dirección do equipo pola ausencia do adestrador principal.

GOLES: Óscar (2)


SENIOR PROVINCIAL

CESURES 7 - UNIÓN F.S. 4

Mal partido dun primeiro equipo que está metido nun pequeno bache de resultados e por terceira semana consecutiva non consegue a victoria. Desta volta foi ante un Cesures complicado, que sabe moi ben ao que xoga, o que unido aos nosos lapsos organizativos en defensa fixeron que o partido se decidira nos primeiros minutos de cada período.

O primeiro gol local non tardou en chegar máis de dous minutos e aos cinco de partido xa encaixaramos o segundo. Tempo morto e o equipo cambiou radicalmente logrando empatar o partido en menos de 3 minutos.
Sen embargo a falta de dous minutos para o descanso o Cesures conseguía o 3-2 co que marchabamos aos vestiarios.

O comezo da segunda metade foi un calco da primeira pero desta volta só tardamos 20 segundos en encaixar o 4-2. Neste gol estivo a clave do partido xa que a partires de aqui fomos todo o partido a remolque.
Nun balón longo ao redor do minuto 12 encaixabamos o 5-2 e pese a que logramos recurtar distancias ao pouco tempo, non puidemos evitar que os locais ampliaran novamente a súa vantaxe.
Nos últimos minutos tentámolo con porteiro xogador pero a distancia no marcador era xa máis que considerable. Un gol para cada equipo neste tramo de partido que en nada variou a nosa derrota final.

Un dos peores partidos da tempada xunto ao xogado en casa diante do Marín. Daquela foi un punto de inflexión para encadear dúas victorias consecutivas. Agardamos que desta vez sirva para algo semellante.

GOLES: Cris (2), Edgar e Álex.


No hay comentarios:

Publicar un comentario