miércoles, 2 de noviembre de 2016

CRÓNICAS 29 - 30 DE OUTUBRO

PREBENXAMÍN

BAÍÑA 1 - UNIÓN CARRASQUEIRA 3

Segunda xornada e segunda victoria para os prebenxamíns que, sen facer un dos seus millores partidos bastoulles para traer os 3 puntos para Vigo.

O primeiro cuarto vencémolo con comodidade máis no segundo os de Baiona apretaron moito e conseguiron levalo da súa banda por 2-0. Sen embargo, tanto no terceiro coma no cuarto e derradeiro tempo impuxemos a nosa superioridade para resolver o encontro con relativa calma.


BENXAMÍN

LOPE DE VEGA 7 - UNIÓN CARRASQUEIRA 2

Debut do equipo Benxamín e tamén do clube nunha categoría na que nunca tiveramos representación. Ano de aprendizaxe para un equipo composto por xogadores de 1º ano que suben de prebenxamín e outros de 2º ano que nunca antes xogaron a nivel federado.

Comezaron ben os nosos que chegaron a adiantarse no marcador aos poucos minutos de partido, máis a experiencia do rival fixo que chegaramos ao descanso perdendo por 3-1.

Na segunda metade acusamos o escaso fondo de banquillo e tras encaixar o 4-1 nos primeiros minutos fómonos un pouco do partido o que nos levou ao resultado final de 7-2 a prol dos locais.

Pese a todo, boa toma de contacto dos nosos coa competición. Queda moito por aprender e mellorar pero seguro que os rapaces van dar o máximo para conseguilo.

GOLES: Miguel e Sergio.


XUVENIL

UNIÓN F.S. 8 - A PAZ 03 1


Pese ao que poida parecer polo resultado final non foi un bo partido dos nosos Xuvenís. Diante dun rival sumamente inferior non fomos quen de xogar con fluidez nen de competir en condicións. A maioria dos goles foron máis froito dos deméritos do rival que do noso bo facer. A apatía total en balóns divididos, erros infantís na entrega de balón e unha incomprensibel desorganización defensiva fixeron que marcharamos do pavillón coa sensación de non ter feito todo o debido nun partido propicio para desfrutar do futbol sala.
Ainda con todo polo menos fomos capaces de aproveitar os seus erros e gañar o partido comodamente.

O partido non tivo historia ningunha. Superioridade total pola nosa banda e continuos achegamentos á porta contraria ante a pasividade defensiva dos visitantes.
Con todo, o primeiro gol fixose agardar ata case os 10 minutos pero a partir de ahí seguimos anotando (e errando ocasións tamén) ata chegar ao descanso vencendo por 5-0.
Na segunda metade o mesmo panorama pero entre as ocasións que fallamos e a nosa apatía á hora de construir xogo solo fomos quen de anotar 3 goles máis.

En definitva, resultado abultado pola escasa resistencia que topamos no rival pero debemos mellorar moito (moitísimo) para chegar a ser un equipo competitivo de verdade.

GOLES: Sergio (3), Santi (2), Manel(2) e Alex.

Galería de fotos:  https://www.facebook.com/media/set/?set=a.10208531408300193.1073741954.1157742891&type=3

SENIOR PROVINCIAL

TALLERES VEIGA 5 - UNIÓN F.S. 4


Moi bo partido na liña que ven seguindo o primeiro equipo pero desta volta sen premio ante un Talleres Veiga que non perdoou as súas ocasións.

A primeira metade foi un calco dos últimos partidos con moita posesión pola nosa banda e dispoñendo dun bo número de chegadas que esta vez non fomos quen de finalizar. Os de Moaña tamen tiveron as súas opcións basándose no xogo de Pívot pero toparon en todo momento cun gran Sergio baixo paus.
Cando restaban 3 segundos para o descanso encaixamos o 1-0 que nos fixo marchar ao vestiario un pouco abatidos.
Pero recuperamos pronto os ánimos xa que no primeiro minuto da reanudación conseguiamos devolver as táboas ao marcador.
Tralo empate o Talleres Veiga tivo un par de minutos de dominio no que nos encerrou na nosa área e fruto disto conseguía o 2-1 nunha xogada afortunada na que o balón escápalle das mans a Álex.
E faltando 4 minutos, cando mellor estabamos xogando recibimos o 3-1 nun despiste defensivo. Duro castigo para o bo partido que estabamos a realizar.

Inmediatamente saímos con porteiro xogador e na primeira xogada conseguimos recurtar distancias, máis na xogada seguinte recibimos o 4-2. O golpe foi moi duro, e ainda máis cando faltando 40 segundos encaixabamos o 5-2 de dobre penalti. Demasiada diferenza no marcador para os méritos vistos na pista duns e doutros.

Parecía todo perdido pero a nosa insistencia case ten premio e, en vinte segundos conseguimos 2 goles que poñian o 5-4 no marcador a falta de 15 segundos para a conclusión. Quedábanos unha oportunidade e tivémola, pero o árbitro non quixo asubiar unha clarísima man dentro da área dun xogador local no último segundo de encontro.

Unha mágoa de resultado máis temos que quedar coas cousas positivas; seguimos sendo moi competitivos estando nos partidos ata o final e mostramos un gran xogo con porteiro xogador, unha boa noticia de cara a outros encontros nos que seguro precisaremos del.

GOLES: Pato, Xandre, Edgar e Álex.

Galería de fotos: https://www.facebook.com/andrea.barjafernandez/media_set?set=a.10208531332298293.1073741953.1157742891&type=3

No hay comentarios:

Publicar un comentario