miércoles, 30 de noviembre de 2016

CRÓNICAS 26 - 27 DE NOVEMBRO


PREBENXAMÍN

DON BOSCO 0 - UNIÓN CARRASQUEIRA 4

Partido de máis a menos o disputado este Sábado no que fomos moi superiores ao rival.
Comezamos marcando moi cedo e tralos dous primeiros cuartos nos que gañamos con autoridade, na segunda metade do encontro caemos en certa relaxación e o marcador xa foi máis axustado.

Con todo, o Don Bosco case nin se acercou á nosa área o que fixo que a vitoria non perigase en ningún momento.


BENXAMÍN

CASTRO SAN MIGUEL 3 - UNIÓN CARRASQUEIRA 1

Unha mágoa o resultado deste fin de semana no que non puidemos sumar a nosa segunda vitoria consecutiva. O equipo traballou ben pero un par de graves erros en defensa e na saída de balón condeáronnos á derrota nun partido máis igualado de que reflicte o marcador.

GOLES: Miguel.


XUVENIL

UNIÓN F.S. 8 - A PAZ 03 3


Volvíamonos a enfrontar á Paz 03 e o partido foi bastante semellante ao último que xogamos contra este equipo. Sen embargo desta volta os primeiros minutos custóunos entrar na dinamica do xogo e comezamos perdendo ata ben entrada a primeira metade.

Tras recibir o 0-1 fomos quen de empatar cedo, máis aos poucos minutos os visitantes conseguían poñerse de novo por diante.
Lonxe de irnos do partido, o equipo tivo unha reacción excelente e puido darlle á volta ao marcador para marchar ao descanso cunha boa vantaxe de 5-2.

Na segunda metade os visitantes xa daban mostras de cansanzo e de dar o partido por perdido aínda que tamén foron os primeiros en marcar. Os nosos baixaron un pouco o ritmo con respecto aos últimos minutos de primeira parte e froito desa relaxación erramos moitas oportunidades moi claras.
Aínda así, impoxuse a lóxica e a nosa maior calidade coma equipo para anotar tres goles máis que establecían o definitivo 8-3.

Coma anécdota sinalar que con este resultado o equipo colocase lider da competición, dato que pese a non ter maior relevancia xa que estamos na primeira xornada si que debe servir de estímulo para os xogadores.

GOLES: Álex (2), Nico, Xose, Norberto, Manel, Sergio e Sergio S.


SENIOR LOCAL

UNIÓN F.S. 5 - BAÍÑA "B" 0


Continua o filial Senior colleitando bos resultados e ademáis facendo un gran xogo. Despois dogran partido da pasada semana diante do Vulcano, este Sábado impuxémonos con autoridade ante o colista (pero para nada mal equipo) da clasificación.
De feito o resultado final resulta un tanto enganoso xa que a pesar de ter sido claramente superiores no global do encontro, o Baíña creounos moitas dificultades e dispuxo de boas ocasións en momentos clave nas que o noso porteiro Guede salvou ao equipo.

A primeira metade foi bastante tranquila. Eramos donos do balón e ante a defensa en media pista dos de Baiona bastounos con manter a posesión e aproveitar unha ocasión de gol para marchar ao descanso con 1-0 a prol.

Na segunda parte a tónica foi a mesma pero o marcador non se movería ata que a falta de 8 minutos logramos o 2-0.
Os visitantes decidiron sair con porteiro xogador para intentar rascar alo menos o empate e foi o millor que nos puido pasar. Ante a súa precipitación á hora de tentar meter pases interiores fartámonos de roubar balóns e conseguimos anotar tres goles máis a porta baleira (e ben puieron ser un par deles máis) para rematar definitivamente o encontro.



Afrontamos agora unha semana decisiva na que nos enfrontamos ao Campito, actual lider pero que ven de perder o seu primeiro partido da tempada.
Debemos ir con confianza nas nosas posibilidades e recordando o partido da primeira volta no que a pesar de sair derrotados fomos moi superiores e merecimos moito máis. Partido clave no que unha victoria permitiríanos engancharnos totalmente aos postos de cabeza.

GOLES: Javi (3), Caba e Óscar.


SENIOR PROVINCIAL

EFS SALNÉS 4 - UNIÓN F.S. 6


Se a semana pasada vivimos a cruz deste deporte nesta tocounos a cara e dende o comezo saíunos todo coma nunca. A sorte que nos foi esquiva outros días e sobre todo na última xornada diante do Cios Mondariz, desta vez nos foi favorable e permitiunos xogar un partido relativamente plácido no que só tivemos que sufrir nos últimos minutos. Aínda así non todo foi sorte, fixemos un moi bo partido e fomos merecedores da vitoria en todo momento.

Coma quen dice matamos o partido nos primeiros dez minutos. Mostrando unha gran pegada chegabamos a porta con moita facilidade e neses dez minutos conseguimos unha vantaxe de 0-3 no marcador. En defensa estabamos impecables permitindo tan só lanzamentos lonxanos que pouco perigo reflectían na portería defendida por Sergio.
O Salnés meteuse no partido gracias a un penalti totalmente inexistente sinalado arredor do minuto 15. Sen embargo era o noso día e na seguinte xogada case tras sacar de centro facíamos o 1-4 que nos devolvía a calma.
Semellaba que por primeira vez na tempada marcharíamos ao descanso con relativa tranquilidade pero hai cousas que non cambian... Na saída dun corner a falta de minuto e medio para o intermedio recibiamos o 2-4 por medio dun disparo lonxano.

Na segunda metade o Salnés deulle unha marcha máis ao encontro pero era incapaz de superar a nosa ben plantada defensa en media pista. Incluso dispuxo de ata 4 lanzamentos dende 10 metros que por sorte para nos acabaron fora ou ben detidos por Álex.
Para rematar aproveitamos dúas contras para facer primeiro o 2-5 e máis tarde o 3-6 tras  conseguir recurtar distancias os de Vilagarcía.
Faltando dous minutos para a conclusión o Salnés establecía o 4-6 definitivo que non empañaba para nada o noso bo partido.

En resumo, un partido moi completo no que o mellor foi que por fin demostramos ser un EQUIPO e que tivemos controlado de principio a fin. Sen dúbida, ainda que non sempre se poida gañar, esta é a liña a seguir.

GOLES: Cris (2), Diego(2), Edgar e Pato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario