sábado, 11 de octubre de 2014

PREVIA SENIOR

SOL INVICTUS- UNION F.S.
SÁBADO 16:00 PISTA FRONTÓN

Este sábado visitamos aos nosos amigos do Sol Invictus, un equipo irmán e no que militan varios ex-xogadores do noso clube, pero que durante 50 minutos pasarán a ser rivais dentro da pista de xogo. 

Chegamos ao partido coa necesidade imperiosa de gañar xa que, pese a facer méritos para elo, ainda non contamos con nigún punto no noso taboeiro. Agardamos que esta fin de semana marque un punto de inflexión na nosa traxectoria e podamos comezar a sumar de 3 en 3.

O equipo traballou duro esta semana con 3 intensas sesións de adestramento nas que se notan as gañas que ten a plantilla de que chegue o encontro para poder resarcirse do mal arranque de campionato.
Para este partido contamos coas baixas de Cristóbal e Migui, baixas sen dúbida importantes, máis de seguro que o resto de compañeiros saberán facer que a súa ausencia non se note.

En canto ao rival, sabemos que ven de acadar unha gran victoria na xornada pasada e de seguro que chega cargado de moral para poñernos as cousas moi dificiles. 
Será un partido moi disputado no que agardamos ter a sorte que nos viu faltando nas dúas primeiras xornadas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario