lunes, 24 de noviembre de 2014

CRÓNICA SENIOR

BAÍÑA F.S. 3 – UNIÓN F.S. 5

Autentico partidazo de fútbol sala o vivido o sábado no Municipal de Baiona. Ritmo de xogo altísimo, ocasións para os dous equipos e emoción ata o final.

O encontro non ia ser doado e quedou claro dende o primeiro minuto. Tras ter nós a primeira ocasión nun lanzamento de falta, na seguinte xogada o Baiña saca proveito dun saque longo do seu porteiro para, nun despiste da nosa zaga, anotar o primeiro gol do encontro.
Había moitas xornadas que non comezábamos perdendo e tocaba ver como xestionaría o equipo a situación. Lonxe de perder os nervios ou comezar a xogar con presas, seguimos coa idea de xogo que vemos tendo durante toda a tempada; boa circulación de balón esperando que aparezan os espazos, sen precipitarse pero sen tampouco renunciar a intentar sorprender con algún balón longo de Joni nos saques de meta.

O noso bo facer tivo recompensa. Aos 8 minutos conseguíamos o empate tras unha boa xogada que remata Migui tras un par de regates dentro da área.
Pouco a pouco iámonos apoderando do partido. Seguíamos coa nosa presión alta habitual e nunha saída de balón dos locais Xandre presionou de marabilla ao peche amarelo para conseguir roubarlle o balón e poñelo no segundo pau, onde apareceu Xaime para conseguir o 1-2.
Nos minutos finais da primeira metade os de Baiona apertaron un pouco e tiveron dúas ocasións en sendos lanzamentos lonxanos ben atallados por Joni.

A segunta metade foi de infarto. Tras dez minutos nos que non pasou nada salientable, Xaime facía o seu segundo gol da tarde nunha xogada de pívot total na que consigue recibir de costas, xirarse e colocar un punteirazo na base do pau dereito da meta local. Semellaba que se nos puña o partido de cara, pero aos dous minutos o Baíña reduciría distancias tras aproveitar unha pérdida nosa en media pista.


A falta de 8 minutos os amarelos deciden sacar porteiro xogador. A verdade e que foi o mellor que nos puido pasar xa que nos topamos relamente cómodos defendendo e apenas concedemos ocasións de perigo. Aínda se nos puxo máis de cara o partido cando o Baíña cometeu a quinta falta. De feito, faltando cinco minutos dispuxemos dun lanzamento de 10 metros que o porteiro baionés foi quen de deter. Sen embargo non puido facer nada na seguinte xogada na que, tras unha boa combinación entre Xandre, Xaime e Diego, este último conseguia o 4-2 cun axustado remate no segundo pau.
Non podíamos rematar ese partido sen sufrir e nada máis sacar de centro, no único erro que cometemos defendo o 5 para 4, o Baíña consegue anotar e poñerse de novo a tan só un gol de distancia.

Restaban dous minutos para a conclusión e o Baíña seguía tentándoo co xogo de 5, pero nun roubo de balón a falta de 30 segundos, de novo  Diego conseguía o gol da tranquilidade para os nosos.
Un partido espectacular, con moitas alternativas e que demostrou que, como xa fixéramos a semana pasada, somos un equipo que tamén sabe sufrir para sacar adiante partidos complicados.


Para rematar gustaríanos felicitar ao Baíña F.S., un magnífico rival que por xogo non merece estar tan abaixo na clasificación, de seguro que na segunda volta conseguen subir postos. E agradecerlles tamén o bo trato que recibimos sempre que visitamos Baiona. Un auténtico pracer!


1 comentario:

  1. Gran partido sin duda, felicitar a vuestra directiva y cuerpo técnico por conseguir hacer un equipo tan bueno. Mucha suerte en la liga.

    ResponderEliminar