viernes, 14 de noviembre de 2014

CRÓNICA SENIOR

VALLADARES B 1 - UNIÓN F.S. 8

Esta fin de semana o equipo Senior disputou o seu partido máis prácido do que levamos de tempada. Enfronte tiñamos ao derradeiro clasificado e a diferencia entre os dous equipos quedou patente xa dende o inicio do encontro.

Como indica o resultado o partido non tivo historia. O primeiro gol chegou aos dous minutos e salvo un  par de achegamentos con certo perigo dos locais nestes primeiros compases, non pasamos ningún apuro e os goles foron caendo un tras outro.
Chegábamos ao descanso cun marcador de 0-5.

Na segunda metade baixamos un pouco a presión e o ritmo de xogo conscientes de que o partido xa estaba resolto. A pesar diso aos cinco minutos lográbamos o 0-6.
O Valladares reduciría distancias mediada esta segunda metade e nos últimos cinco minutos volveríamos a meterlle ritmo ao partido conseguindo dous goles máis para por o definitivo 1-8 no marcador.




Partido sen moita historia pero que nos sirve para seguir collendo confianza en nós mesmos e manternos na zona alta da clasificación.

Goles: Berto (2), Migui (2), Xaime (2), Miguel e Xián.

No hay comentarios:

Publicar un comentario