martes, 18 de noviembre de 2014

CRÓNICA SENIOR

UNIÓN F.S. 4 - DOBLE F 2

Partido compricadísimo o disputado este domingo polo noso primeiro equipo ante un rival que nos puxo as cousas moi díficiles, sobre todo na segunta metade. Foi unha victoria das que hai que traballar pero ao final son as que mellor sabor de boca deixan.

A primeira metade dominámola con relativa comodidade. O balón era noso e o Doble F  agardaba na súa pista para tentar sorprender á contra.
Froito desta superioridade logramos o 1-0 aos 4 minutos de xogo tras unha boa xogada culminada por Migui, e no minuto 15 Xandre facía o segundo tras unha boa xogada de Xaime.


A partir do noso segundo gol os visitantes espabilaron a comezaron a achegarse á nosa meta con perigo. Neses últimos instantes dispuxeron dun par de ocasións claras nas que Joni estivo soberbio baixo paus. E case con tempo cumprido conseguiron acurtar distancias ao culminar unha contra tras unha pérdida nosa na saída do balón das que había tempo que non cometíamos.

Na segunda metade saímos un pouco atenazados polo inesperado tanto dos visitantes. Uns visitantes que comezaron a presionar en toda a pista con tanta intensidade que en cinco minutos xa levaban acumuladas 4 faltas.
Sen embargo conforme pasaban os minutos voltábamos a toparnos a gusto no partido. Os laranxas decidiron xogar moito máis directos colocando a Fabio de pivot fixo e buscando balóns longos hacía él. Isto beneficiounos xa que, a pesares de que nos creou algo de perigo cando consegía recibir, a maioría desdes balóns longos eran interceptados pola nosa defensa para saír inmediatamente á contra. Nesta fase do partido debemos sentencialo xa que dispuxemos de numerosas ocasións, máis o porteiro dos visitantes estivo acertadísimo e encargouse de desbaratalas.



Faltando 7 minutos para a conclusión cometemos un erro de concentración imperdoable á hora de defender un saque de banda que nos custou o empate. E nese intre o equipo demostra que este ano ten fame de verdade e voltamos a recuperar o control do balón e do partido, disfrutando de novas ocasións bastante claras.
A falta de 5 minutos recibimos a recompensa. Diego conecta un zapatazo durísimo dende a forntal que sorprende por completo ao meta contrario. E faltando 3 minutos, e co Doble F acusando o cansancio, de novo Diego remata unha contra no segundo pau para finiquitar o partido.

A verdade é que necesitábamos gañar un  partido de esta maneira, sufrindo e tendo que dalo todo ata o final, para non caer na relaxación e na autocomplacencia. De momento estamos en boa racha e temos que aproveitala, pero temos que estar preparados para cando chegue a derrota (que de seguro chegará). Polo de pronto a desfrutar desta boa racha e agardamos que se prolongue o máximo posible.

P.D.: Queremos mandar un enorme abrazo e o noso apoio ao noso porteiro Sergio, lesionado hai un par de semanas no encontro diante do Treboada, que mañá será operado desa fractura de menisco.
Moito ánimo compañeiro!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario