martes, 25 de noviembre de 2014

CRÓNICA CADETE

UNIÓN F.S. 8 - ESCOLA FUTSAL MORRAZO 4

Estrenámonos esta semana no blogue coas crónicas dos equipos de base. Agardamos poderlle dar continuidade a pesar das dificultades que implica.



Os nosos cadetes están a facer un comezo de tempada espectacular. Aínda non coñecen a derrota e esta fin de semana colleitaron unha nova victoria ante un gran rival que puxo as cousas moi difíciles.

De feito o comezo do partido non puido ser peor xa que aos 8 minutos de xogo perdíamos por 0-2. Sen embargo bastaron con 10 minutos nos que o equipo se entonou para remontar o partido con goles de Pablo (2) e Samu. O Morrazo conseguiría acurtar distancias, máis un novo gol de Ríos facía que chaegáramos ao descanso vencendo por 5-3.


Na segunda metade o guión non cambiou muito. Ocasións para os dous conxuntos e maior acerto dos nosos á hora de finalizar e tamén en defensa, sobresaíndo a figura do noso porteiro Isi que fixo un auténtico partidazo.

Dous goles máis de Samu e outro de Nico redondearon o marcador ata chegar ao definitivo 8-4.


Este equipo ten moi boa pinta. Deben mellorar en certos aspectos do xogo e rematar de acoplarse os novos fichaxes pero de seguro que coa actitude que están demostrando non lles será complicado. Se siguen nesta liña de traballo chegarán moi lonxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario